Arranca o Coro da EOI de Santiago de Compostela

Coro da EOISabías que a música é unha maneira excelente de practicar os idiomas e mellorar a túa pronuncia? Non o dubides e únete ao coro da escola!!! Non é necesario ter coñecementos previos de música, tan só ganas de cantar e pasalo ben. Dirixido por Narci Rodríguez, traballarase con cancións en diferentes linguas.

O coro reunirase os luns alternos das 16:00 ás 17:30 horas no Salón de actos. A primeira sesión será o vindeiro 14 de outubro. Non é necesaria inscrición previa. Podes consultar o calendario das próximas sesións aquí.

A túa voz conta!!!