Feira solidaria do libro 2019

CartelCo gallo da celebración do Día Internacional do Libro o 23 de abril, volve a nosa feira solidaria, que tanto éxito tivo nas anteriores edicións.

Aporta o teu gran de area:

a) doando libros novos ou de segunda man en bo estado, ou

b) comprando os libros á venda por un prezo simbólico.

A recollida de doazóns farase do 1 ao 5 de abril do 2019, na conserxería do centro.

A Feira solidaria celebrarase do 23 ao 26 de abril, na entrada do centro.

A recadación doarase integramente a Cruz Vermella - Santiago.

IMPORTANTE!

Aceptaranse libros de calquera xénero e temática (novela, ensaio, libros de texto, autoaxuda, dicionarios, infantil...), agás:

- libros de informática ou calquera outro tema similar que poidan estar desfasados e, por tanto, carecer de interese;

- libros en mal estado;

- libros de exercicios que presenten anotacións manuscritas.