Axudas para asistir a cursos de inmersión en lingua inglesa

Learn EnglishA Universidad Internacional Menéndez Pelayo acaba de publicar a convocatoria de axudas para asistir a cursos de inmersión en lingua inglesa:

Resolución 10896 de 11 de marzo de 2019 / BOE 14 de marzo de 2019

Prazo: PECHADO

Beneficiarios: alumnado universitario ou de estudos superiores, menor de 30 anos, que teña recibido a bolsa xeral do Ministerio de Educación nos cursos 2016-2017 ou 2017-2018.

Características: a axuda cubre o curso dunha semana de duración, en réxime de pensión completa, nunha das doce sedes da UIMP: Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, La Línea de la Concepción (Cádiz), Barcelona, Pirineos (Huesca) e Cartagena. Os cursos celebraranse entre o 1 de xullo e o 20 de decembro do 2019. O contido do curso será exclusivamente oral.

Para información e solicitudes, prema aquí: http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas/inmersion-ingles-uimp.html

Tamén hai axudas para a asistir a cursos organizados polo Ministerio de Educación para alumnado bolseiro (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas/inmersion-ingles-para-becarios.html) e para profesorado recén titulado do Grao de Mestre o do Máster en Profesorado de Sencundaria (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas/inmersion-ingles-master-profesorado-maestros.html)