Solicitude de cita previa para revisión de exames

A revisión de exames farase exclusivamente con cita previa, segundo as datas publicadas no calendario de exames de cada departamento. 

Debido á situación sanitaria, as datas de revisión están dispoñibles só para alumnado con cualificación de "Non Apto" (o alumnado "Apto" poderá contactar co seu profesor/a para revisar o seu exame fóra destas datas).

  • Cita previa para o alumnado de SANTIAGO-VITE e SANTIAGO-SAR 

Alumnado oficial: acceda á aplicación de cita previa e seleccione unha franxa horaria dispoñible co seu profesor.

  • Cita previa para o alumnado das seccións de NEGREIRA, NOIA, ORDES e RIBEIRA

Alumnado oficial: contacte por correo electrónico co seu profesor para concertar unha cita. 

Pode atopar os enderezos de correo electrónico aquí: NEGREIRA, NOIA-FRANCÉS,  NOIA-INGLÉS, ORDES, RIBEIRA.

Se despois da revisión o alumnado estivese disconforme coa súa cualificación obtida, dispón de tres días hábiles desde o día de publicación das notas para presentar reclamación contra a cualificación. Para facelo débese enviar este formulario ao enderezo de correo electrónico secretaria@eoisantiago.org no prazo mencionado.

Probas CELGA 2022

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar información sobre as probas dos certificados de coñecemento da lingua galega CELGA 1, 2, 3 e 4 para o ano 2021. Máis información aquí.

Atención ao público non presencial: en beneficio de todos/as

A atención ao público para recibir información realizarase por vía telefónica no nº 881 867 901. Toda a información encóntrase nesta páxina web. Por favor, consúltaa antes de chamar, para non bloquear a nosa centralita.

Se precisa facer algún trámite na secretaría presencialmente pode concertar unha cita previa AQUÍ, enviando un correo-e a secretaria@eoisantiago.org ou vía telefónica no número 881 867 906. Antes, por favor, comprobe aquí os días festivos e non lectivos en que o centro permanece pechado

Convocatoria de bolsas e axudas para o curso académico 2021-2022

Poden solicitar estas bolsas os estudantes que estean matriculados no curso 2021/2022 en estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia.

Prazo de presentación

Do 3 de agosto ao 30 de setembro de 2021, incluído.

Cursos semipresenciais de inglés

Coñeces os nosos cursos semipresenciais? Preme na imaxe para descubrir unha maneira máis flexible de estudar idiomas!

Cursos semipresenciais

Distribuir contido