Matrícula libre (curso 2022-2023)

A matrícula en modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que ofrece a EOI de Santiago de Compostela.

Consulte a información sobre as datas das destrezas escritas das probas de certificación de niveis A2, B1, B2 e C1  e as convocatorias para as probas orais (pendente de actualización). O calendario completo das probas, escritas e orais, publicarase aquí

Clique nas seguintes ligazóns para obter máis información sobre:

Idiomas e niveis que se ofrecen na modalidade libre

As certificacións do Marco europeo común de referencia para as linguas que ofrece o noso centro en modalidade libre son:

Niveis Idiomas
Alemán Español Francés Galego Inglés Italiano Portugués
Básico A2       SI             SI            SI         SI          SI             SI             SI      
Intermedio B1 SI SI SI SI SI SI SI
Intermedio B2            SI      SI   SI
Avanzado C1              SI        SI   SI

Nota importante: os niveis/idioma non marcados ofrécense noutras EOI de Galicia (consulte a norma de matrícula para ver onde). As probas  adscritas á EOI de Santiago poderán ter lugar nunha sede complementaria externa. Non haberá probas libres nas seccións dependentes da EOI de Santiago (Negreira, Noia, Ordes, Ribeira e Santiago-Sar). 

Consideracións previas á matrícula en modalidade libre

Se vostede está considerando matricularse para facer as probas de certificación deberá ter en conta o seguinte:

  • as restriccións de idade para a matrícula libre son as mesmas que para os estudos oficiais: é preciso ter 16 anos (cumpridos no ano natural de celebración das probas); o alumnado de 14 e 15 anos só poderá concorrer ás probas de idiomas diferentes á súa 1ª lingua estranxeira na ESO
  • non é posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa cursado nun anterior plan de estudos de EOI
  • non é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un superior
  • non hai límite de convocatorias en modalidade libre
  • a diferenza da oficial, a modalidade libre só permite un único exame
  • as persoas con diversidade funcional recoñecida poden solicitar adaptación das probas (modelo de solicitude)
  • as sedes onde presentarse ás probas para os niveis de certificación B2 e C1 son limitadas (consulte a norma de matrícula para ver que idiomas/niveis se ofertan en cada sede)

Procedemento de matrícula na modalidade libre

O procedemento para para matricularse nas probas de certificación en modalidade libre é como segue:

1. PREMATRÍCULA e ADXUDICACIÓN: Acceda á aplicación de matrícula nesta ligazón e prematrículese dos idiomas e niveis que lle interesen entre o 2 e o 18 de novembro (ata as 12h). Seleccione os centros de acordo coa súa orde de preferencia. A adxudicación farase por sorteo e o día 23 de novembro poderá comprobar se a aplicación lle adxudicou praza de matrícula libre. Non faga ningún pagamento nin formalice a matrícula ata non estar seguro de que a praza adxudicada lle convén. 

2. FORMALIZACIÓN Unha vez adxudicada a praza, terá que forrmalizar a matrícula:

  • Reúna a documentación (ver abaixo).
  • Faga o pagamento (consulte aquí como proceder ao pago das taxas).
  • Antes do día 30 de novembro ás 23:59 h. pique no botón "Formalizar matrícula" da aplicación de matrícula e suba a documentación, incluíndo o comprobante de pagamento. NON É PRECISO ACUDIR AO CENTRO.

A matrícula non terá validez ata que se formalice achegando a documentación.

Documentación que se debe presentar para formalizar a matrícula en modalidade libre

Para formalizar a súa matrícula todo o alumnado deberá presentar a seguinte documentación cargándoa no prazo establecido na aplicación unha vez obtida a praza:

  • copia do seu DNI ou NIE
  • comprobante do pagamento das taxas
  • orixinal e copia do xustificante do dereito á exención de taxas, de ser o caso (minusvalía, familia numerosa, profesorado en activo da Consellería, etc.)
  • menores de 16 anos: certificado do seu centro indicando a súa 1ª lingua na ESO (obter modelo)

Calendario de matrícula na modalidade libre

  • Prematrícula/solicitude de praza: do 2 ao 18 de novembro ás 12 h. (todos os centros, idiomas e nives)
  • Adxudicación: consultar o 23 de novembro (o sorteo faise o 22 de novemebro)
  • Formalización: desde a adxudicación e ata o 30 de novembro.