Matrícula libre (desde 2021-2022)

A matrícula en modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que ofrece a EOI de Santiago de Compostela. Como novidade, neste curso 2021-2022 as probas adiántanse ao mes de febreiro, e están suxeitas a un proceso de prematrícula previa.

Consulte a información sobre as datas das destrezas escritas das probas de certificación de niveis A2, B1, B2, C1 e C2 e as convocatorias para as probas orais (pendente de actualización). O calendario completo das probas, escritas e orais, publicarase aquí

Clique nas seguintes ligazóns para obter máis información sobre:

Idiomas e niveis que se ofrecen na modalidade libre

As certificacións do Marco europeo común de referencia para as linguas que ofrece o noso centro en modalidade libre son:

Niveis Idiomas
Básico A2 Alemán Español Francés Galego Inglés Italiano Portugués
Intermedio B1 Alemán Español Francés Galego Inglés Italiano Portugués
Intermedio B2  X  X  X Galego Inglés  X  X
Avanzado C1  X  X  X Galego Inglés  X  X
Avanzado C2    (certificación restrinxida ao alumnado presencial e alumnado dos cursos CALC)  

Nota importante: os niveis/idioma marcados cun X ofrécense noutras EOI de Galicia (consulte a norma de matrícula para ver onde). As probas  adscritas á EOI de Santiago poderán ter lugar nunha sede complementaria externa. Non haberá probas libres nas seccións dependentes da EOI de Santiago (Negreira, Noia, Ordes, Ribeira e Santiago-Sar). 

Consideracións previas á matrícula en modalidade libre

Se vostede está considerando matricularse para facer as probas de certificación deberá ter en conta o seguinte:

  • as restriccións de idade para a matrícula libre son as mesmas que para os estudos oficiais: é preciso ter 16 anos (cumpridos no ano natural de celebración das probas); o alumnado de 14 e 15 anos só poderá concorrer ás probas de idiomas diferentes á súa 1ª lingua estranxeira na ESO
  • non é posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa cursado nun anterior plan de estudos de EOI
  • non é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un superior
  • non hai límite de convocatorias en modalidade libre
  • a diferenza da oficial, a modalidade libre só permite un único exame
  • as persoas con diversidade funcional recoñecida poden solicitar adaptación das probas (modelo de solicitude)
  • desde o curso 2021-2022, limítanse as sedes onde presentarse ás probas para os niveis de certificación B2 e C1 (consulte a norma de matrícula para ver que idiomas/niveis se ofertan en cada sede)

Procedemento de matrícula na modalidade libre

O procedemento para para matricularse nas probas de certificación en modalidade libre é como segue:

  1. Acceder a esta ligazón e prematricularse nas probas de certificación dos idiomas e niveis que lle interesen antes do 26 de novembro ás 12h.
  2. Para os niveis A2 e B1: a aplicación adxudícalle praza inmediatamente e pode formalizar a matrícula no momento, o que deberá facer en todo caso antes do 26 de novembro ás 12 h. Pique no botón "Formalizar matrícula" e suba a documentación (copia do DNI/NIE, xustificante de pagamento e/ou xustificante da exención de taxas). Consulte aquí como proceder ao pago das taxas.
  3. Para os niveis B2 e C1: comprobar se a aplicación lle adxudicou praza de matrícula libre (o día 1 de decembro). Non faga ningún pagamento ata non estar seguro de que a praza adxudicada lle convén. Para formalizar a matrícula: pique no botón "Formalizar matrícula" e suba a documentación antes do día 9 de decembro ás 23:59 h (copia do DNI/NIE, xustificante de pagamento e/ou xustificante da exención de taxas). Consulte aquí como proceder ao pago das taxas.

Documentación que se debe presentar para formalizar a matrícula en modalidade libre

Para formalizar a súa matrícula todo o alumnado deberá presentar a seguinte documentación cargándoa no prazo establecido na aplicación unha vez obtida a praza:

  • resgardo de matrícula libre que emite a aplicación en-liña
  • copia do seu DNI ou NIE
  • comprobante do pagamento das taxas
  • orixinal e copia do xustificante do dereito á exención de taxas, de ser o caso (minusvalía, familia numerosa, profesorado en activo da Consellería, etc.)
  • menores de 16 anos: certificado do seu centro indicando a súa 1ª lingua na ESO (obter modelo)

Prazo de matrícula na modalidade libre

Do 9 ao 26 de novembro (ata as 12h do mediodía), a través de https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre/alumnos/index.php.