Información sobre a matrícula libre 2019-2020

matri_libre

A matrícula en modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que ofrece a EOI de Santiago de Compostela.

Consulte tamén a información sobre as características das probas de certificación e as datas dos exames

Pinche nas seguintes ligazóns para obter máis información sobre:

Idiomas e niveis que se ofrecen na modalidade libre

As certificacións do Marco europeo común de referencia para as linguas que ofrece o noso centro son:

Niveis Idiomas
Básico A2 Alemán Español Francés Galego Inglés Italiano Portugués
Intermedio B1 Alemán Español Francés Galego Inglés Italiano Portugués
Intermedio B2 Alemán Español Francés Galego Inglés Italiano Portugués
Avanzado C1 Alemán    Francés Galego Inglés Italiano  Portugués 
Avanzado C2    (certificación restrinxida ao alumnado oficial e ao persoal da Consellería inscrito nos cursos CALC e nos cursos de preparación das probas de certificación de EOI)  

A EOI de Santiago de Compostela ofrece todas estas certificacións na sede de Vite; non hai probas en modalidade libre na sección de Sar, e o resto das seccións ofrecen só algunhas destas certificacións. Deberase acceder á aplicación de matrícula para consultar as posibilidades dispoñibles.

Prema aquí para ver a oferta educativa completa da EOI de Santiago.

Consideracións previas á matrícula en modalidade libre

Se vostede está considerando matricularse para facer as probas de certificación deberá ter en conta o seguinte:

  • as restriccións de idade para a matrícula libre son as mesmas que para os estudos oficiais: é preciso ter 16 anos (cumpridos no ano natural de celebración das probas) para concorrer a probas; o alumnado de 14 e 15 anos só poderá concorrer ás probas de idiomas diferentes á súa 1ª lingua estranxeira na ESO
  • non é posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa cursado nun anterior plan de estudos de EOI
  • non é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un superior
  • non hai límite de convocatorias en modalidade libre
  • a diferenza da oficial, a modalidade libre só permite un único exame en xuño
  • as persoas con diversidade funcional recoñecida poden solicitar adaptación das probas (modelo de solicitude)

Procedemento de matrícula na modalidade libre

O procedemento para para matricularse nas probas de certificación en modalidade libre é como segue:

  1. Acceder a esta ligazón e matricularse nas probas de certificación dos idiomas e niveis que lle interesen.
  2. Pagar as taxas (consulte aquí como proceder ao pago das taxas; é posible que a aplicación de matrícula lle ofreza automáticamente vías para efectuar o pago).
  3. Formalizar a súa matrícula presentando a documentación dentro do prazo establecido na secretaría do centro ou nas seccións respectivas (Noia, Ordes, e Ribeira; o alumnado de Negreira debe formalizar a súa matícula en Vite) (consulte aquí o horario de atención da secretaría en Vite). (Polas precaucións debidas á pandemia pola COVID-19 a entrega de documentación non será físca, sinón en formato dixital no enderezo de correo secretaria@eoisantiago.org)

Documentación que se debe presentar para formalizar a matrícula en modalidade libre

Para formalizar a súa matrícula todo o alumnado deberá presentar no prazo indicado:

  • resgardo de matrícula libre que emite a aplicación en-liña (emite 2 copias automaticamente)
  • comprobante bancario ou en-liña do pago das taxas
  • menores de 16 anos: certificado do seu centro indicando a súa 1ª lingua na ESO (obter modelo)
  • orixinal e copia do xustificante do dereito á exención de taxas, de ser o caso (minusvalía, familia numerosa, profesorado en activo da Consellería, etc.)
  • alumnado CALC: documento de realización do curso emitido polo CFR

O alumnado que se matricula por primeira vez na EOI de Santiago de Compostela, deberá ademais presentar:

  • orixinal e fotocopia do DNI/NIE
  • sobre de expediente e carnet escolar, debidamente cumprimentados (recóllense na conserxería) (Polas precaucións debidas á pandemia pola COVID-19 non é preciso facer entrega desta documentación)
  • 2 fotos carnet (Polas precaucións debidas á pandemia pola COVID-19 non é preciso facer entrega desta documentación)

Prazo de matrícula na modalidade libre

O prazo para formalizar a matrícula na modalidade libre no curso 2019-2020 será do 3 ao 23 de marzo de 2020. Ampliado do 1 ao 9 de xuño pola interrupción debida ao estado de alarma pola pandemia do COVID-19. A aplicación de matrícula estará aberta dende as 09:00 h do primeiro día ata as 12:00 h (mediodía) do derradeiro.

Custo da matrícula na modalidade libre

Prema aquí para ver información detallada sobre as taxas de matrícula libre e oficial, incluíndo as exencións.