Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Matrícula oficial: procedemento

alumnado oficial que continúa estudos do idioma desde o ano inmediatamente anterior (agás o alumnado que desexe acceder aos cursos de nivel C1 desde Avanzado 2), e o alumnado de That's English do ano anterior que quere continuar na modalidade oficial non precisa preinscrición no idioma no que quere continuar estudos, e deberá seguir estes pasos:

  1. Reserva de praza. Unha vez que teña cualificación (apto en xuño; ou apto/non apto en setembro), debe reservar a súa praza na aplicación en-liña CentrosNET.
  2. Pago das taxas. Consulte aquí como proceder ao pago das taxas (teña en conta que a aplicación de matrícula lle ofrecerá automáticamente vías para efectuar o pago).
  3. Formalización da matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación de matrícula na secretaría do centro (consulte o horario de atención na secretaría; a atención ao público nas extensións da EOI deberase consultar nos IES correspondentes) (o prazo varía segundo o alumno sexa apto en xuño ou setembro). A matrícula non será efectiva ata que non complete este paso.

alumnado de novo acceso, é decir, todo aquel que non continúa estudos do idioma desde o ano inmediatamente anterior e todo o alumnado que desexe acceder aos cursos de nivel C1, deberá seguir estes pasos:

  1. Preinscrición. Para preinscribirse debe acceder á aplicación de preinscrición e seguir as instrucións. É importante que recorde o contrasinal de acceso e que cubra todos os datos que se lle piden, pois serán os que figuren no seu expediente. Pode modificar a súa preinscrición cantas veces queira ata o remate do seu período de preinscrición.
  2. Adxudicación de prazas. Deberá esperar á adxudicación de prazas no día seguinte ao remate do prazo de preinscrición e, accedendo á mesma aplicación de preinscrición, comprobar se foi admitido/a. As prazas adxudícanse mediante sorteo público (mais información sobre o sorteo na circular de matrícula). 
  3. Reserva de praza. Unha vez admitido/a, deberá reservar a súa praza desde a mesma aplicación en liña e pagar as taxas correspondentes (consulte aquí como proceder ao pago das taxas; é posible que a aplicación de matrícula lle ofreza automáticamente vías para efectuar o pago).
  4. Formalización da matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación en prazo na secretaría do centro (consulte o horario de atención na secretaría; a atención ao público nas extensións da EOI deberase consultar nos IES correspondentes). A matrícula non será efectiva ata que non complete este paso.