Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Matrícula oficial: documentación

Para formalizar a súa matrícula todo o alumnado deberá presentar no prazo indicado:

  • resgardo da reserva de praza que emite a aplicación en-liña (emite 2 copias automaticamente)
  • comprobante bancario ou en-liña do pago das taxas, debidamente cumprimentado
  • orixinal e copia do xustificante do dereito á exención de taxas (minusvalía, familia numerosa, funcionarios docentes, etc.), de ser o caso
  • orixinal e copia do xustificante de acceso directo por titulación, de ser o caso
  • no caso de fraccionar o pagamento da matrícula, documento para o pago do 2º prazo, cuberto cos 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación do pago fraccionado, cuberto e asinado, xunto co certificado da conta bancaria, onde conste o IBAN.

O alumnado que se matricula por primeira vez na EOI de Santiago de Compostela, deberá ademais presentar:

  • sobre de expediente, debidamente cumprimentado (recóllese na conserxería)
  • orixinal e fotocopia do DNI/NIE (non é válido o pasaporte)
  • 2 fotos carnet
  • para o alumnado menor de 16 anos, certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada, expedido polo centro onde estea matriculado consonte o modelo do anexo V da circular de matrícula
  • para o alumnado que cursase estudos noutra EOI de Galicia, certificación académica da EOI de orixe
  • para o alumnado que acceda aos cursos de nivel C1, fotocopia cotexada do certificado de nivel avanzado ou certificado de aptitude nese idioma expedido por unha escola oficial de idiomas, ou no seu defecto, certificación académica expedida pola EOI correspondente acompañada do xustificante de ter aboados os prezos públicos para a expedición do certificado.

No caso de discapacidade, deberase achegar documentación acreditativa e, se solicita adaptacións, cubrir esta solicitude e entregala xunto co resto da documentación de matrícula.