Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cursos de verán 2017

Cursos de veránXa están en marcha os cursos de verán 2017, patrocinados pola Asociación de Alumnos e Antigos Alumnos durante o mes de xullo en colaboración coa EOI de Santiago de Compostela.

A oferta inclúe cursos de actualización de alemán, francés, inglés, italiano, e portugués, dirixidos a aquelas persoas con coñecementos previos da lingua, que queiran mellorar a súa competencia nas destrezas de expresión oral e escrita. Diagnostica o teu nivel con estas táboas de autoavaliación.

Prazo de inscrición: ata o 23 xuño, na Secretaría da EOI.

Oferta de cursos

 

  Iniciación Actualización da destreza comunicativa
Alemán Curso 0 A2 B1    
Chinés Curso 0        
Francés Curso 0   B1    
Inglés     B1 B2 C1
Italiano Curso 0        
Portugués     B1 B2  

 

Localización: Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela (Vite)

Duracióndo 3 ao 28 de xullo (40 horas)

Horario: preferiblemente de 10 a 12h (pode estar suxeito a modificacións)

Importe: 175 €

Requisitos: ser maior de 18 anos.

Documentación: os/as interesados/as poden inscribirse directamente no centro (pode consultar o horario aquí), achegando a seguinte documentación:

  • fotocopia do DNI
  • formulario de inscrición (pódese descargar aquí)
  • xustificante do ingreso bancario na conta da Asociación (nº de conta no impreso de inscrición)

NOTA IMPORTANTE: Os cursos só se impartirán se hai un número suficiente de matriculados. No caso de cancelación do curso devolverase o importe da inscrición.