Información sobre avaliación e exames e guías para persoas candidatas

ExameInformación sobre avaliación curso 2019/20

Consulte a información sobre a avaliación e características das probas de promoción e certificación dos diferentes cursos e niveis premendo nesta ligazón

Probas escritas

O calendario final de probas elaborarao o centro unha vez a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas Especiais publique as datas oficiais das Probas de Certificación.  As datas das probas son inamovibles.

Probas de expresión oral

O alumnado será convocado oficialmente para realizar a proba de expresión oral no día e hora que determine o departamento correspondente, e poderá celebrarse con anterioridade ou posterioridade á proba escrita. O feito de que haxa máis dun día para a realización de ditas probas non implica que o alumnado poida elixir o día e hora na que se vaia presentar. Polo tanto, todo alumno/a deberá consultar as convocatorias oficiais das probas de expresión oral.

Modelos de probas

Nesta ligazón pode acceder a modelos de probas de certificación das EOI de Galicia (téñase en conta que os modelos corresponden a probas do anterior plan de estudos).

Guías para persoas candidatas (actualizadas o 14/02/2020)

Para obter información completa sobre as características das probas de certificación, prema na ligazón do nivel correspondente:

Guía informativa e de especificacións de nivel básico A2

Guía informativa e de especificacións de nivel intermedio B1

Guía informativa e de especificacións de nivel intermedio B2

Guía informativa e de especificacións de nivel avanzado C1

Guía informativa e de especificacións de nivel avanzado C2