Información sobre a asistencia

ListaO alumnado oficial presencial non poderá superar un número de faltas sen xustificar superior ao 20% das horas totais do curso. De facelo, nos cursos A1, B1.1, B2.1 e C1.1 perderá o dereito á que se teña en conta a cualificación da proba de progreso.

O alumnado que non se incorpore ao curso nos primeiros 10 días lectivos sen xustificación documentada perderá a condición de alumno oficial e a escola poderá dispoñer da súa praza.

O alumnado oficial poderá permanecer en cada un dos niveis o dobre de anos establecidos para cada un deles. Logo de esgotadas as convocatorias o alumnado non poderá cursar as ensinanzas en réxime presencial.

Se un alumno/a se matricula nun curso ordinario e por calquera motivo non desexa completalo, poderá solicitar ao centro a renuncia de matrícula ata o 30 de abril (ata o 20 de decembro para os cursos intensivos do 1º cuadrimestre). Esta renuncia constará no expediente académico e nas actas de avaliación do alumnado mediante a oportuna dilixencia. A primeira renuncia nun curso/nivel non computará para efectos de permanencia no curso e nivel correspondente (non corre convocatoria). O alumnado que renuncie á matrícula e desexe, con posterioridade, continuar os seus estudos nas escolas oficiais de idiomas, deberá someterse de novo ao proceso de admisión. A renuncia non dá dereito á devolución das taxas e é efectiva desde o momento en que se tramita a solicitude, anulando o dereito a asistir a clase e a presentarse aos exames.

Para solicitar a renuncia á matrícula deberá cubrir este impreso e presentalo na secretaría do centro (antes do 30 de abril, ou 20 de decembro para os cursos intensivos do 1º cuadrimestre).