PORTUGUÉS: CALENDARIO DE EXAMES

Recoméndase NON empregar o navegador Chrome para visualizar o calendario. 

No calendario poderá vostede consultar as datas das probas escritas e orais. 

Antes de consultar o calendario, por favor LEA AS INSTRUCIÓNS Ficheiro pdf

IMPORTANTE! O alumnado será convocado oficialmente para realizar a proba de expresión oral no día e hora que determine o departamento correspondente. O feito de que haxa máis de un día para a realización de ditas probas, non implica que esa proba se celebre en todas as seccións nin que o alumnado poida elixir o día e hora no que se vaia presentar. Polo tanto, todo/a alumno/a deberá consultar as convocatorias ou chamamentos concretos das probas de expresión oral, que se poderán celebrar antes ou despois da proba escrita.

NOTA: As datas das probas son inamovibles. O alumnado oficial que non poida facer a parte escrita en xuño pode presentarse a dita parte na convocatoria extraordinaria de setembro. O alumnado oficial que non poida facer a parte escrita na convocatoria de setembro deberá matricularse de novo cando remate o curso. A proba oral só se poderá cambiar se o departamento ten convocado probas orais do mesmo nivel noutra data e sempre que se comunique a necesidade do cambio con anterioridade á data de celebración das probas e se xustifique dita necesidade documentalmente.