Matrícula

TAXAS

 FORMAS DE PAGAMENTO:

 1. XUSTIFICANTE EN PAPEL 

  1. Utilizando o impreso de autoliquidación, MODELO E, dispoñible na conserxería do centro.
  2. Utilizando o modelo A1 dispoñible na web no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/confeccion-impresos  que debe ser confeccionado polo alumno e ir impreso en papel. Instruccións a seguir.

Estes impresos poderanse empregar ante calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación de taxas para realizar o pagamento.

O PAGAMENTO QUEDARÁ  XUSTIFICADO CANDO SE PRESENTE O IMPRESO VALIDADO POLA ENTIDADE FINANCEIRA NA SECRETARÍA DO CENTRO.


2. TELEMÁTICO

  1.  Utilizarase o documento emitido pola oficina virtual tributaria para facer o pagamento nas oficinas das entidades financeiras, nesta ligazón. Siga a ruta: Servizos de acceso libre > Taxas, prezos, multas e sancións > Pagamento telemático de taxas e prezos > Iniciar (botón azul á dereita da pantalla). Consigne os seus datos persoais e os códigos de tramitación* e dea a orde de pagamento.
  2.  Despois de realizar o pagamento deberase volver a oficina virtual tributaria (por INTERNET) e incorporar no proceso telemático o NRC e concluír o pagamento telemático. A aplicación devolverá on modelo 730 cando a operación estea rematada, modelo que deberá entregar na secretaría do centro.

 

O PAGAMENTO QUEDARÁ XUSTIFICADO CANDO SE PRESENTE NA SECRETARÍA DO CENTRO O IMPRESO CO CÓDIGO SEGURO DE VERIFICACIÓN (CSV) XERADO POLA OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA.

SECCIÓN CEDEIRA - PROBAS DE CLASIFICACIÓN

As probas de clasificación teñen por obxectivo identificar o nivel de dominio no idioma da persoa candidata que desexe matricularse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia nun nivel superior ao 1º curso de nivel básico.

Terán dereito a realizar as probas de clasificación aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial.

Así mesmo, poderán realizar estas probas as persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores (2012-13 e 2013-14) ao que desexen acceder. Este alumnado deberá ter en conta que se o resultado da proba lle dá acceso a un curso que xa superou nese idioma non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.

CONDICIÓNS:

  •  Os aspirantes ás probas de clasificación deberán ter dezaseis anos cumpridos no ano natural da realización das probas se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario obrigatorio, e catorce anos de non ser así. 
  • A incorporación ao curso que corresponda estará supeditada á dispoñibilidade de prazas na EOI.      
  • Os resultados da proba terán validez durante os dous cursos académicos seguintes  en calquera das escolas oficiais de idiomas de Galicicia

 

SECCIÓN CEDEIRA - INFORMACIÓN XERAL SOBRE MATRÍCULA CURSOS OFICIAIS

CONDICIÓNS XERAIS DE ACCESO

ACCESOS DIRECTOS POR TITULACIÓN

 EQUIVALENCIAS COS TÍTULOS DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA (GESO) E DE BACHAREL

 

CONVOCATORIAS:  O alumnado oficial poderá permanecer en cada un dos niveis o dobre de anos establecidos para cada un deles pola lexislación vixente. Logo de esgotadas as  convocatorias  o  alumnado  non  poderá  cursar  as ensinanzas en réxime presencial pero poderá inscribirse para realizar as probas terminais de certificación polo réxime libre.

RENUNCIAS: O alumnado poderá solicitar ao centro a renuncia  de  matrícula  ata o  30  de  abril. (O alumnado dos  cursos cuadrimestrais poderá solicitar a renuncia de matricula do primeiro cuadrimestre ata o 30 de decembro)  A  mencionada renuncia  constará  no  expediente académico  e  nas actas de avaliación do alumnado mediante a oportuna dilixencia.  Esta  renuncia  non  computará  para efectos de permanencia nocurso e nivel correspondente. O alumnado que renuncie á matrícula e desexe,  con  posterioridade,  continuar  os  seus  estudos nas escolas oficiais de idiomas, deberá someterse de novo ao proceso de admisión. Para descargar o impreso de socilitude de renuncia prema aquí. Para ler a normativa vixente prema aquí.

PERDA DEREITO A MATRÍCULA: O  alumnado  que  non  se  incorpore  ao  curso correspondente  nos primeiros  dez  días  lectivos  sen xustificación documentada perante a dirección, perderá a condición de alumno oficial e a escola poderá dispoñer da súa praza para ser cuberta por outros aspirantes.

ADAPTACIÓN AO ALUMNADO CON DISCAPACIDADE:  O alumnado que precise que lle sexan adaptadas as probas deberá, no momento da matrícula, presentar na secretaría do centro unha solicitude de adaptación das probas e acompañala da DOCUMENTACIÓN acreditativa da súa discapacidade; a EOI porá o caso en coñecemento dos equipos de orientación específicos para valorar as adaptacións que sexan oportunas. Esta solicitude de adaptación será o anexo VI, no caso do alumnado oficial, e o anexo IX, no caso do alumnado libre.

POSTA EN MARCHA DOS GRUPOS: A posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número total de inscritos que o xustifique.

PROBAS DO ALUMNADO OFICIAL: As probas parciais de febrero, así como as finais de xuño e setembro poderán realizarse en día e hora diferentes aos horarios de clase do curso no que o alumnado se matricula.

Distribuir contido