NOVO ALUMNADO
1. Alumnado que se matricula por primeira vez nunha Escola de Idiomas deberá aboar :
Apertura de expedinte 22 €
Matriculación por idioma 46 €
Total a ingresar: 68 €
2. FUNCIONARIADO (acreditar condición) Os/as funcionarios/as dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, estarán exentos/as do aboamento dos prezos públicos establecidos no presente decreto, agás os correspondentes á apertura de expediente, e unicamente nas materias de nova matriculación.
Apertura de expediente 22 €
Total a ingresar : 22 €
3. FAMILIA NUMEROSA XERAL (acreditar condición), deberán aboar
Apertura de expediente 11 €
Matriculación por idioma 23 €
Total a ingresar : 34 €
4. FAMILIA NUMEROSA ESPECIAL (acreditar condición), matrícula totalmente gratuita
5. ALUMNADO CON DISCAPACIDADE (acreditar condición) non aboarán as taxas as persoas cun grao de minusvalía igual o superior ao 33%. Aviso ao alumnado con discapacidade: Aquel alumnado con discapacidade acreditada que precise dunha adaptación do exame deberá solicitalo expresamente no momento da matrícula mediante ANEXO VIII a disposición do alumnado na conserxería.
6. VÍTIMAS DE ACTOS TERRORISTAS (acreditar condición) non aboarán as taxas as vítimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos.
7. VIOLENCIA DE XÉNERO (acreditar condición): Quedan exentas do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto o alumnado que sufra violencia de xénero. Tamén quedará exento o alumnado cuxas proxenitores/as a sufran.
SE UN ALUMNO/A SE MATRICULA EN MÁIS DUN IDIOMA E/OU NIVEL DEBERÁ MULTIPLICAR O IMPORTE DO APARTADO “MATRICULACIÓN POR IDIOMA EN RÉXIME LIBRE“ POLO NÚMERO DE IDIOMAS E/OU NIVEIS NOS QUE SE MATRICULE
Exemplo: 2 idiomas
Apertura de expedinte 22 €
Matriculación por idioma 46 x 2 = 92 €
Total a ingresar : 114 €
IMPORTANTE :
1.COMPROBAR OS IMPORTES A INGRESAR ANTES DE FACER A AUTOLIQUIDACIÓN
2.A POSIBILIDADE DE PAGAMETO FRACCIONADO NON É FACTIBLE PARA A MATRÍCULA DE LIBRES.