TAXAS ALUMNADO ANTIGO

ANTIGO ALUMNADO:
1.  Alumnado que xa estivera matriculado nesta Escola Oficial de Idiomas – ou con traslado de expedinte a esta – deberán aboar :
 
              Matriculación por idioma :            46 €                        Total a ingresar :             46 €
 
2.  FUNCIONARIADO (acreditar condición) Os/as funcionarios/as dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, estarán exentos/as do aboamento dos prezos públicos establecidos no presente decreto para as materias de nova matriculación.
            
3.  FAMILIA NUMEROSA XERAL (acreditar condición)deberán aboar
 
              Matriculación por idioma:             23 €                       Total a ingresar :             23 €
 
4.  FAMILIA NUMEROSA ESPECIAL (acreditar condición)matrícula totalmente gratuita
 
5. ALUMNADO CON DISCAPACIDADE (acreditar condición) non aboarán as taxas  as persoas cun grao de minusvalía igual o superior ao 33%.Aviso ao alumnado con discapacidade: Aquel alumnado con discapacidade acreditada que precise dunha adaptación do exame deberá solicitalo expresamente no momento da matrícula mediante ANEXO VIII  a disposición do alumnado na conserxería.
 
6. VÍTIMAS DE ACTOS TERRORISTAS (acreditar condición) non aboarán as taxas as vítimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos.
7. VIOLENCIA DE XÉNERO (acreditar condición): Quedan exentas do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto o alumnado que sufra violencia de xénero. Tamén quedará exento o alumnado cuxas proxe­nitores/as a sufran.
 
SE UN ALUMNO/A SE MATRICULA EN MÁIS DUN IDIOMA E/OU NIVEL DEBERÁ MULTIPLICAR O IMPORTE DO APARTADO “MATRICULACIÓN POR IDIOMA EN RÉXIME LIBRE“ POLO NÚMERO DE IDIOMAS E/OU NIVEIS NOS QUE SE MATRICULE
 
Exemplo:           
2 idiomas:            Matriculación por idioma 46 x 2 = 92 €                  Total a ingresar :92 €
 
IMPORTANTE :
  1. COMPROBAR OS IMPORTES A INGRESAR ANTES DE FACER A AUTOLIQUIDACIÓN
  2. A POSIBILIDADE DE PAGAMETO FRACCIONADO NON É FACTIBLE PARA A MATRÍCULA DE LIBRES.