MATRÍCULA DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN MODALIDADE LIBRE

PROBAS LIBRES 2019

O prazo de matrícula nas probas de certificación para o alumnado libre, incluído o alumnado de CUALE, será do 13 de marzo ao 2 de abril de 2019, ambos incluídos. A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12:00 do mediodía do 2 de abril. (Circular 1/2019)
 
 
Idiomas e niveis que se ofrecen na modalidade libre na EOI de Ferrol - Sección Cedeira
No curso 2018-2019, o alumnado libre poderase matricular das seguintes probas de CERTIFICACIÓN
 
    - INGLÉS: NIVEIS A2 - B1  - B2 - C1
 
 
TRÁMITES DE INSCRICIÓN E ABOAMENTO DOS PREZOS PÚBLICOS CORRESPONDENTES:
 
A matrícula realizarase en liña, dende o enderezo seguinte: https://www.informaticacentros.com/xunta/
 
A matrícula feita en liña non terá validez ata que o alumnado a formalice entregando a documentación de luns a xoves de 18:30 a 19:30 no IES Punta Candieira (Departamento de Inglés). O último día de matrícula (o martes día 2 de abril) recolleranse as matrículas na secretaría o IES Punta Candieira en horario de mañá de 11:00 a 14:00
 
DOCUMENTACIÓN requerida para formalizar a matrícula libre
TRÁMITES de matrícula na modalidade libre
Calendario de probas:  alumnado libre (convocatoria única en xuño), CUALE e alumnado oficial (xuño e setembro)

- GUíAS das probas: Nivel BÁSICO A2 , Nivel INTERMEDIO B1Nivel INTERMEDIO B2Nivel AVANZADO C1