PROBA DE CLASIFICACIÓN

INFORMACIÓN XERAL
 
Probas de clasificación que darán acceso ao curso 2018– 2019 nas Escolas Oficiais de Idiomas
 

As probas de clasificación teñen por obxectivo identificar o nivel de dominio no idioma da persoa candidata, que desexe matricularse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia nun nivel superior ao 1º curso de nivel básico.

Terán dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial. 

Cada escola establecerá o calendario de realización da proba.

Os aspirantes ás probas de clasificación deberán ter dezaseis anos cumpridos no ano natural da realización das probas se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario obrigatorio, e catorce anos de non ser así.

Unha vez publicados os resultados o alumnado deberá realizar a preinscripción no curso ao que accede.

A incorporación ao curso que corresponda estará supeditada á dispoñibilidade de prazas na EOI.

Os resultados da proba terán validez durante dous cursos académicos en calquera das escolas oficiais de idiomas de Galicia.

 
 
DATA da proba de INGLÉS: 10 de setembro ás 10:00 no laboratorio de idiomas (proba oral a continuación)
 
Datas de matrícula3 ao  7 de setembro de 2018
 
Documentación
  1. Instancia cumprimentada preme aquí
  2. Xustificante de abono de taxas bancarias (pode recollerse na corserxaría da escola)
  3. Fotocopia do DNI ou pasaporte
  4. Orixinal e copia do libro de familia numerosa ( cando proceda )
  5. Certificado de exención de taxas para os funcionarios/as docentes da Consellería de educación e O.U. expedido pola Delegación Provincial ( cando proceda )
  6. Certificado de exención de taxas para persoas cun grao de minusvalía igual o superior ao 33%.
  7. Certificado de exención de taxas as vítimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos.
  8. Os menores de dezaseis terán que aportar un certificado do seu centro indicando o primeiro idioma estranxeiro que cursan no ensino secundario obrigatorio.
IMPORTES A ABOAR ( POR CADA IDIOMA NO QUE SE MATRICULA )
Matrícula ordinaria 17 €
Familia numerosa xeral   8.5 €
Familia numerosa especial,persoas con minusvalía igual ou superior ao 33%,vítimas actos terroristas, vítimas de violencia de xénero,matrícula gratuita   0 €