MATRÍCULA DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN POR LIBRE 2018

prazo de matrícula nas probas de certificación para o alumnado libre, incluído o alumnado de CUALE, será do 03 ao 20 de abril de 2018, ambos incluídos. A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12:00 do mediodía do 20 de abril. (Circular 1/2018)

 

TRÁMITES DE INSCRICIÓN E ABOAMENTO DOS PREZOS PÚBLICOS CORRESPONDENTES:
 
Para matricularse nas probas de certificación en modalidade libre, ten que:
  1. Acceder a esta ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta/ e matricularse nas probas de certificación do nivel o niveis que lle interesen.
  2. Pagar as taxas (consulte aquí como proceder ao pago das taxas).
  3. Formalizar a súa matrícula presentando a documentación dentro do prazo establecido na secretaría do IES Punta Candieira no horario de 9.00 - 14.00 de luns a venres  (A matrícula feita en liña non terá validez ata que o alumnado a formalice na secretaría do centro) 
 
DOCUMENTACIÓN requerida para formalizar a matrícula libre:
  • Impreso de matrícula xerado pola aplicación web de matrícula, onde se indique o idioma e o nivel ou niveis no(s) que se matricula.
  • Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño de 2013)
  • Fotocopia do DNI ou, no caso de persoas estranxeiras, NIE ou pasaporte. Requisito imprescindible para entregar a matrícula.
  • Para o alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro de 2018, certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria no presente curso escolar, expedido polo centro onde estea matriculado consonte o modelo do anexo V.
  • Para o alumnado de CUALE, certificado expedido polo centro onde o cursa.
  • No caso de discapacidade deberase achegar documentación acreditativa e, se solicita adaptacións,  anexo IX.
  • Os ANTIGOS ALUMNOS deberán presentar carné da EOI ( no caso de non telo, pedir un en conserxería e adxuntar unha foto)
  • Cando proceda, certificado de matrícula gratuíta, orixinal e copia do Libro de Familia Numerosa, acreditación de discapacidade, violencia de xénero ou vítima do terrorismo.
  • O alumnado trasladado doutra escola deberá adxuntar a certificación académica de escola de orixe xunto con unha fotografía e fotocopia do DNI.
  • Os NOVOS ALUMNOS entregarán ademáis da documentación xeral anterior o correspondente carné de EOI debidamente cumplimentado e coa fotografía pegada.
ATENCIÓNO pagamento da matrícula para as probas de certificación do alumnado libre non poderá ser fraccionado.
 

CALENDARIO DAS PROBAS:

 

ALUMNADO LIBRE                    (CONVOCATORIA ÚNICA EN XUÑO)              ALUMNADO OFICIAL E      CUALE (XUÑO E SETEMBRO)                            
BÁSICO 2: 19 xuño, ás 16.00 h. BÁSICO 2: 19 xuño/6 setembro, ás 16.00 h.
INTERMEDIO 2: 11 xuño, ás 16.00 h. INTERMEDIO 2: 11 xuño/5 setembro, ás 16.00 h.
AVANZADO 2: 6 xuño, ás 16.00 h. AVANZADO 2: 6 xuño/4 setembro, ás 16.00 h.

 

GUÍAS DAS PROBASNivel BÁSICONivel INTERMEDIONivel AVANZADO.