PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA
MATRÍCULA: Procedemento
ALUMANDO OFICIAL MATRICULADO NO CURSO 2017-2018
O alumnado oficial do curso 2017-2018 que continúa os estudos do idioma e o alumnado de That's English do curso 2017-2018 que quere continuar na modalidade oficial, non precisa preinscrición, e deberá:
- Reservar a súa praza na aplicación en-liña CentrosNET.
- Pagar as taxas. (teña en conta que a aplicación de matrícula lle ofrecerá automaticamente vías para efectuar o pagamento).
- Formalizar a matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación de matrícula na secretaría do centro (o prazo varía segundo o alumno sexa apto en xuño ou setembro). A matrícula non será efectiva ata que non complete este paso.
ALUMANDO DE NOVO ACCESO
- Preinscrición. Para preinscribirse debe acceder á aplicación de preinscrición e seguir as instrucións. É importante que recorde o contrasinal de acceso e que cubra todos os datos que se lle piden, pois serán os que figuren no seu expediente. Pode modificar a súa preinscrición cantas veces queira ata o remate do seu período de preinscrición.
- Adxudicación de prazas. Deberá esperar á adxudicación de prazas e, accedendo á mesma aplicación de preinscrición, comprobar se foi admitido/a.
- Reserva de praza. Unha vez admitido/a, deberá reservar a súa praza desde a mesma aplicación en liña e pagar as taxas correspondentes (consulte como proceder ao pago das taxas; é posible que a aplicación de matrícula lle ofreza automáticamente vías para efectuar o pagamento).
- Formalización da matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación de matrícula na secretaría do centro (o prazo varía segundo o estudante sexa apto en xuño ou setembro). A matrícula non será efectiva ata que non complete este paso.