BOLSAS E AXUDAS

Poden solicitar bolsas os estudantes que estean matriculados en estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia.

Prazo de presentación:

Consultar prazo de solicitude aquí

Requisitos:

Para ter dereito a bolsa deberán reunir os seguintes requisitos:

  • Posuír a nacionalidade española ou ser residente en España para alumnos doutras nacionalidades (coas particularidades que desenvolve a convocatoria).
  • Non posuír no momento de solicitar a bolsa un título de nivel igual ou superior ao dos estudos para os que se pide a bolsa.
  • Reunir o resto de requisitos académicos e económicos que especifica a convocatoria.

Presentación de solicitudes

A solicitude preséntase mediante formulario on-line a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Non hai que achegar documentación pois as unidades encargadas da tramitación consultarán e obterán da administración correspondente todos os datos necesarios para verificar que se reúnen os requisitos xerais, académicos e económicos.Só en determinados supostos moi específicos deberase achegar a documentación concreta que se lle especificará no formulario.

Máis información

Consulte toda a información e o texto da convocatoria completa aquí.