INFORMACIÓN XERAL

CURSOS ORDINARIOS:  As clases son presenciais e certifican 130 horas por cada curso.

CONVOCATORIAS:  O alumnado oficial poderá permanecer en cada un dos niveis o dobre de anos establecidos para cada un deles pola lexislación vixente. Logo de esgotadas as  convocatorias  o  alumnado  non  poderá  cursar  as ensinanzas en réxime presencial pero poderá inscribirse para realizar as probas terminais de certificación polo réxime libre.

RENUNCIAS: O alumnado poderá solicitar ao centro a renuncia  de  matrícula  ata o  30  de  abril. (O alumnado dos  cursos cuadrimestrais poderá solicitar a renuncia de matricula do primeiro cuadrimestre ata o 30 de decembro)  A  mencionada renuncia  constará  no  expediente académico  e  nas actas de avaliación do alumnado mediante a oportuna dilixencia.  Esta  renuncia  non  computará  para efectos de permanencia nocurso e nivel correspondente. O alumnado que renuncie á matrícula e desexe,  con  posterioridade,  continuar  os  seus  estudos nas escolas oficiais de idiomas, deberá someterse de novo ao proceso de admisión.

PERDA DEREITO A MATRÍCULA: O  alumnado  que  non  se  incorpore  ao  curso correspondente  nos primeiros  dez  días  lectivos  sen xustificación documentada perante a dirección, perderá a condición de alumno oficial e a escola poderá dispoñer da súa praza para ser cuberta por outros aspirantes.

ADAPTACIÓN AO ALUMNADO CON DISCAPACIDADE:  O  alumnado  nestas  circunstancias  deberá,  no momento   da matrícula,   achegar   documentación acreditativa da súa minusvalidez, cubrir a documentación achegada pola escola oficial de idiomas que o porá  en  coñecemento  dos  equipos  de  orientación específicos dependentes da delegación provincial de Educación respectiva para as adaptacións pertinentes (anexo VI)

POSTA EN MARCHA DOS GRUPOS: A posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número total de inscritos que o xustifique.

PROBAS DO ALUMNADO OFICIAL: As probas parciais de febrero, así como as finais de xuño e setembro poderán realizarse en día e hora diferentes aos horarios de clase do curso no que o alumnado se matricula. Na convocatoria de setembro poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora.

REQUISITOS PARA ACCEDER AO NIVEL C1: Para o alumnado que se matricule nos cursos especializados para o perfeccionamento de idiomas de nivel C1, é necesario adxuntar unha fotocopia cotexada do certificado do nivel inferior (B2) das ensinanzas de idiomas de réxime especial do idioma correspondente, ou, no caso do idioma inglés, do certificado acreditativo da validación do Certificate of Proficiency emitido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
• De ter superado os estudos e non dispor aínda do certificado, deberá presentar unha certificación académica expedida pola EOI correspondente, acompañada do xustificante de ter aboados os prezos públicos para a súa expedición.