Preguntas máis frecuentes de preinscrición e matrícula
Preguntas máis frecuentes de preinscrición e matrícula
En cantos grupos me pode preinscribir?
En 4, que poden ser da mesma escola ou de varias escolas ou seccións.
Podo cambiar a miña preinscrición?
Sí, sempre durante o prazo de preinscrición.
Se me preinscribo e me adxudican unha praza pero non me matriculo en prazo, que pasa?
Que perde a praza que se lle adxudicou e xa non terá prazo para unha nova preinscrición.
Se me matriculo en liña e on valido a matrícula na secretaría da EOI, que pasa?
Cando remata o prazo de validacións as prazas que non están validadas ofrécense á oferta da quenda seguinte.
Se me matriculo dun curso ao que non teño dereito a asistir porque non teño ese acceso directo, que pasa?
Debe consultar a información, concretamente as dos accesos directos na páxina da escola. Se se matricula nun curso incorrecto perderá a matrícula porque non se poderá validar.
