Usuarios rexistrados: Acceso

Convocatorias e axudas

Convocatoria de bolsas e axudas para o curso 2013-14

Convocatoria para profesorado en EEUU e Canadá:

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/profesores/convocatorias/espanoles/exterior/visitantes-EEUU-canada.html

Convocatoria de bolsas e axudas para o curso 2013-14

Poden solicitar estas bolsas os estudantes que estean matriculados no curso 2013-2014 en estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia.

Prazo de presentación

Do 20 de agosto ao 30 de setembro de 2013. AMPLIADO AO 10 DE OUTUBRO

Requisitos

Para ter dereito a bolsa deberán reunir os seguintes requisitos:

  • Posuír a nacionalidade española ou ser residente en España para alumnos doutras nacionalidades (coas particularidades que desenvolve a convocatoria).
  • Non posuír no momento de solicitar a bolsa un título de nivel igual ou superior ao dos estudos para os que se pide a bolsa.
  • Reunir o resto de requisitos académicos e económicos que especifica a convocatoria.

Presentación de solicitudes

A solicitude preséntase mediante formulario on-line a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Non hai que achegar documentación pois as unidades encargadas da tramitación consultarán e obterán da administración correspondente todos os datos necesarios para verificar que se reúnen os requisitos xerais, académicos e económicos.

Só en determinados supostos moi específicos deberase achegar a documentación concreta que se lle especificará no formulario.

Máis información

Consulte toda a información e o texto da convocatoria completa aquí.

Convocatorias

Convocatoria de becas e axudas para o estudo e perfecionamento de idiomas. Consultar nesta páxina do MEC

Orde do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado de centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de competencia competitica

Reintegros individuales. Orde do 29 abril pola que se regula o procedemento para o reintegro individual por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2011

Convocanse 600 bolsas do MINISTERIO DE EDUCACIÓN para a estancia e participación nun programa intensivo de immersión lingüístico en España durante o mes de xullo de 2011 para alumnado de 1º de bacharelato. Máis información

AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA ALEMÁ OU FRANCESA NO VERÁN DE 2011
Orde EDU/401/2011, de 17 de febreiro, pola que se convocan axudas para cursos de lingua ALEMÁ ou FRANCESA no estranxeiro durante o verán de 2011 para alumnado de Grado Superior de Formación Profesional, de Ates Plásticas e Deseño e de Ensinanzas Deportivas. Máis información. (BOE 28/2/2011)

AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA FRANCESA EN FRANCIA NO VERÁN DE 2011
Orde EDU/402/2011, de 17 de febreiro, pola que se convocan axudas para cursos de lingua FRANCESA en Francia durante o verán de 2011. Máis información (BOE 28/2/2011)

AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA INGLESA NO VERÁN 2011
Orde EDU/404/2011, de 17 de febreiro, pola que se convocan axudas para cursos de lingua INGLESA durante o verán de 2011, destinadas a xoves de entre 16 e 30 anos. Máis información. (BOE 28/2/2011)

BECAS PARA A PARTICIPACIÓN NUN PROGRAMA DE IMMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN ESPAÑA.
Orde EDU/405/2011, de 17 de febreiro, pola que se convocan becas para a participación nun programa intensivo de immersión lingüística en España. Máis información (BOE 28/2/2011)

CONVOCATORIA DE BOLSAS FULLBRIGHT
Convocatoria de bolsas para a ampliación de estudos artísticos e de xestión cultural nos Estados Unidos de América.
Ámbitos: artes audiovisuais, escénicas, plásticas e visuais; música e musicoloxía; Museoloxía e Conservación do Patrimonio; Xestión Cultural.
Requisitos: Ter nacionalidade española ou da UE, posuir o título superior expedido por unha universidade española, ter un excelente coñecemento de inglés demostrable mediante o TOEFL.
Prazo de solicitude: ata o 22/05/2010
BOE 22/04/2010

BOLSAS LEONARDO ADEIT
Bolsas de prácticas en diferentes países europeos, tales como Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Reino Unido, Portugal, Italia, Malta e outros.
Destinatarios: Titulados universitarios que non haxa máis de 2 anos que remataron a carreira e que non disfrutasen doutra bolsa de prácticas europeas.
Prazo: pódense solicitar durante todo o ano.
Máis información

BOLSAS PARA O ESTUDO EN ITALIA
O Goberno de Italia a través do Instituto Italiano de Cultura de Madrid convoca bolsas para ciudadáns españois que queiran estudar en Italia ou desexen efectuar investigacións en arquivos, centros culturais, bilbliotecas, laboratorios ou cursos de idiomas.
Prazo de solicitude: Ata o 30 de marzo de 2010.
Máis información

BOLSAS ARGOS: Prácticas en Rennes (Francia)
Destinatarios: Licenciatura por unha universidade española, nacionalidade española, ter un postgrao, preferentemente de CC. Sociais. Coñecemeentos (aínda que sexa pasivos) de español, portugués, inglés e francés.
Estadías de diferente duración en Europa, EE.UU, Canadá e Asia.
Prazo de solicitude: novembro 2011 (América e Asia), marzo 2012 (Europa).
Máis Información

AXUDAS PARA CURSOS DE ALEMÁN E FRANCÉS NO VERÁN DO 2010
Orde EDU/422/2010 do 15 de febreiro de 2010 pola que se convocan axudas para cursos de LINGUA ALEMÁ ou FRANCESA no estranxeiro durante o verán de 2010 para alumnado universitario e de ensinanzas artísticas superiores.
Prazo: 30 marzo 2010
BOE 27/02/10

AXUDAS PARA CURSOS DE ALEMÁN E FRANCÉS NO VERÁN DO 2010
Orde EDU/423/2010 do 15 de febreiro de 2010 pola que se convocan axudas para cursos de LINGUA ALEMÁ ou FRANCESA no estranxeiro durante o verán de 2009 para alumnado de Grao Superior de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño e de Ensinanzas Deportivas.
Prazo: 30 marzo 2010
BOE 27/02/10

BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE CURSOS DE LINGUA INGLESA DURANTE O VERÁN DE 2010
Orde EDU/426/2010 do 15 de febreiro pola que se convocan axudas para cursos de lingua inglesa durante o verán de 2010, destinadas a mozos/-as entre 16 e 30 anos.
Destinatarios: Nacidos entre o 1 de xaniero de 1980 e o 31 de decembro de 1992, que sexan bolseiros do MEC.
Prazo de presentación de solicitudes: 30 de marzo de 2010
cb>BOE 27/02/10

AXUDAS PARA CURSOS DE INGLÉS DE VERÁN PARA MESTRES E ESTUDANTES DE MAXISTERIO
Orde EDU/425/2010 do 15 de febreiro de 2010 pola que se convocan axudas para cursos de lingua inglesa no extranxeiro, destinadas a mestres e estudantes das ensinanzas conducentes á obtención do título de Mestre.
Prazo: 30 marzo 2010
BOE 27/02/10

AXUDAS PARA CURSOS DE ALEMÁN E FRANCÉS NO VERÁN DO 2010
Orde EDU/423/2010 do 15 de febreiro de 2010 pola que se convocan axudas para cursos de LINGUA ALEMÁ ou FRANCESA no estranxeiro durante o verán de 2010 para alumnado de Grao Superior de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño e de Ensinanzas Deportivas.
Prazo: 30 marzo 2010
BOE 27/02/10

ALUMNOS PREMIO 2010
Bolsas da Embaixada da República Federal de Alemaña para alumnado español que aprobara polo menos dous cursos de alemán e que teña entre 16 e 18 anos. Finalidade: Realización dun curso de alemán de 4 semanas entre o 30/06/2010 e o 30/07/2010.
Data límite de presentación de solicitudes: 26 de febreiro de 2010.
Texto da convocatoria, Formulario de solicitude

BOLSA PARA PARTICIPAR NO INSTITUTO DE VERÁN BENJAMIN FRANKLIN
Destinatarios: mozos/-as entre 16 e 18 anos. A Embaixada dos Estados Unidos de América en España nominará un estudante para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin 2010. Desenvolverase nunha localidade norteamericana durante catro semanas desde finais de xuño de 2010 e reunirá aproximadamente a 35 estudantes de distintos países de Europa e Asia Central con 10 estudantes norteamericanos.
Data límite de presentación de solicitudes: 1 de marzo de 2010.
Texto da convocatoria. Formulario de inscrición.

PRÁCTICAS EUROPEAS LEONARDO
Convócanse prazas de prácticas europeas en Alemaña e Italia. Periodo de inscrición ata o 30 de abril 2009. .Convocatoria Italia. .Convocatoria Alemaña

PROGRAMA SECTORIAL LEONARDO DA VINCI
A Dirección Xeral de Xuventude pon en marcha 3 proxectos de mobilidade para mozos e mozas galegos: estadías de 12 semanas en diferentes países europeos, combinando cursos de idiomas con prácticas en empresas. Destinatarios: estudantes e titulados de FP nos seguintes ámbitos: turismo, enerxías renovables, internacionalización de empresas. Prazo de solicitude: ata o 15 de abril.Máis información

BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE CURSOS DE IDIOMAS EN CALQUERA ESTADO DA UE
Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as bases que rexen as axudas a mozos e mozas (entre 18 e 30 anos) para a realización de cursos de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea.
DOG 11/02/09

BOLSAS DO MEC PARA ESTUDOS DE IDIOMAS NO ESTRANXEIRO (2009)
O MEC convoca diversas bolsas para cursos de idiomas no estranxeiro dirixidas a diferentes colectivos.
Accede á información AQUÍ
Accede ao catálogo de cursos posibles: inglés, alemán.

BECAS E AXUDAS AO ESTUDO: LIMIARES DE RENDA E PATRIMONIO FAMILIAR
REAL DECRETO 675/2008, de 28 de abril, por el que se establecen los umbrales de renta y patrimonio familiar y las cuantías de las becas y ayudas al estudio del Ministerio de Educación, Política Social y Deporte para el curso 2008-2009.
TEXTO

PRAZAS DE PROFESORES DE ENSINANZA SECUNDARIA EN SECCIÓNS BILINGÜES NO ESTRANXEIRO
Orde ESD/1196/2008, de 17 de abril, por la que se convocan plazas de profesores de enseñanza secundaria en secciones bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Rumania, Rusia y China para el curso 2008-2009.
CONVOCATORIA

ACTIVIDADES FORMATIVAS DE INGLÉS, FRANCÉS E ALEMÁN PARA PROFESORADO DE NIVEIS NON-UNIVERSITARIOS
Orde do 15 de marzo do 2010 pola que se convocan actividades formativas de inglés, francés, alemán e portugués para o ano 2010 no estranxeiro e en España destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non-universitarios.
DOG 24/03/10

"AULAS EUROPEAS": PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA (INGLÉS E FRANCÉS) PARA FUNCIONARIOS DOCENTES
Destinatarios:Profesores e catedráticos de ensino secundario, técnicos de FP e mestres de calquera especialidade agás da lingua estranxeira para a que se solicite a estadía.
Prazo: 1 de abril 2009
BOE 11/03/09

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA VERÁN 2010
Axudas para estadías de inmersión lingüística en lugares de fala ALEMÁ, INGLESA E FRANCESA para alumnado de centros públicos galegos, de 6º de primaria, ESO e Bacharelato.
DOG 11/02/10

AXUDAS AO ESTUDO PARA CURSOS DE ALEMÁN NO ESTRANXEIRO
Na seguinte ligazón, ademáis da oferta de cursos de formación do Goethe Institut, podedes ver todo o relativo a axudas de estudo para cursos de alemán no estranxeiro. Organismos: Goethe Institut, DAAD, MEC, Fundesfor...
Toda a información está en castelán.
LIGAZÓN

Distribuir contido