Información Xeral
INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA THAT'S ENGLISH
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE O PROGRAMA (CURSO 2020-2021)
That’s English! é un programa de educación a distancia para aprender inglés creado polo Ministerio de Educación. A EOI de A Coruña é centro de apoio titorial deste programa, ofrecendo a posibilidade de asistir ás titorías e realizar os exames no centro.
O curso comeza no nivel de principiante, polo que non se require coñecemento previo de inglés; con todo, o alumnado que xa teña coñecementos do idioma poderá acceder directamente ao curso que lle corresponda a través da realización da proba de valoración inicial (Proba VIA).
Para máis información, consulten a CIRCULAR 6/2020 DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA SOBRE A ORGANIZACIÓN DOS NIVEIS BÁSICO A2, INTERMEDIO B1 E INTERMEDIO B2 DAS ENSINANZAS DE INGLÉS DE RÉXIME ESPECIAL NA MODALIDADE DE EDUCACIÓN A DISTANCIA, MEDIANTE O PROGRAMA THAT’S ENGLISH! PARA O CURSO 2020-2021 . Prema aquí
1. DISTRIBUCIÓN DE ESTUDOS
NIVEL BÁSICO (A2)
o A2.1 Módulos Básico A2.1 e A2.2
o A2.2 Módulos Básico A2.3 e A2.4
Proba terminal de Certificación específica de Nivel BÁSICO ao rematar o Módulo A2.4. Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI
NIVEL INTERMEDIO (B1)
o INB1 Módulos Intermedio B1.1 e Intermedio B1.2
Proba terminal de Certificación específica de Nivel B1 ao rematar o Módulo B1.2. Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI
NIVEL INTERMEDIO (B2)
o INB2-1 Módulos Intermedio B2.1e IntermedioB2.2
o INB2-2 Módulos Intermedio B2.3e IntermedioB2.4
Proba terminal de Certificación específica de Nivel B2 ao rematar o Módulo B2.4. Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI
NIVEL AVANZADO (C1)
o INC1 Módulos Avanzado C1.1 e Avanzado C1.2
Proba terminal de Certificación específica de Nivel C1 ao rematar o Módulo C1.2. Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI
2. ADAPTACIÓN AO NOVO PLAN DE ESTUDOS
*O alumnado que superara o primeiro módulo do primeiro curso dun nivel (módulos 1 e 7), pero non o segundo (módulos 2 e 8) poderá matricularse do segundo curso do nivel, condicionado a recuperar o módulo pendente nunha convocatoria extraordinaria no mes de decembro. De non superar esta convocatoria, o alumnado será considerado nos cursos posteriores repetidor do segundo curso do nivel, pero seguirá tendo que aprobar todos os módulos pendentes.
(1) O alumnado cos módulos 5 e 6 aprobados pasará ao nivel B2 sen necesidade de certificación e, se o desexa, poderá presentarse á proba de certificación do nivel B1 no curso 2020-2021.
(2) O alumnado co módulo 10 aprobado terá un ano extra para terminar o nivel B2 polo plan antigo (módulos 11 e 12 do plan 2018). Desta forma, garánteselle a posibilidade de cursar dous anos como preparación para a proba de certificación do nivel B2. Opcionalmente, este alumnado poderá renunciar ao seu expediente no plan 2018 e matricularse directamente no módulo B2.3 do novo plan. Neste caso será considerado repetidor, para os efectos do pagamento de taxas. Se ao rematar o curso 2020-21 non supera o módulo 12 ou a proba de certificación do nivel B2 terá que incorporarse necesariamente como repetidor ao módulo B2.3 do novo plan.
(3) O alumnado que teña o módulo 11 aprobado poderá elixir entre matricularse no módulo 11 do plan a extinguir ou integrarse no novo plan. En ambos os casos, para os efectos de taxas, será considerado repetidor.
3. CRITERIOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA. Consultar a Circular (arriba)
As datas de matrícula serán do 7 de setembro ao 30 de outubro de 2020, sen prexuízo de que se poida habilitar un prazo extraordinario de matrícula con posterioridade, de existiren prazas dispoñibles.
4. MEDIOS DIDÁCTICOS
· Un libro de texto por módulo.
· Un libro de vocabulario e gramática.
· Un caderno de actividades (só para o alumnado repetidor)
· Material on-line no sitio web www.thatsenglish.com
5. A TITORÍA PRESENCIAL
As sesións de titoría estarán destinadas a:
Favorecer o desenvolvemento da destreza comunicativa de expresión oral e a súa integración coas outras destrezas no contexto dunha tarefa de interacción.
- Orientar nas técnicas e estratexias que faciliten o proceso de aprendizaxe do idioma inglés, así como anticiparse ás dificultades que lle poidan xurdir ao alumnado para axudalo a superalas.
Preparación cara ás probas terminais de certificación.
A asistencia á titoría, aínda que non obrigatoria, é de grande utilidade e deberia facerse todo o posible para asistir regularmente. Recórdase que a puntualidade é moi importante para o bo funcionamento da clase.
6. A AVALIACIÓN
A avaliación desta modalidade das ensinanzas de idiomas de réxime especial terá como referencia os obxectivos e os criterios de avaliación establecidos nos currículos correspondentes aos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 na modalidade a distancia.
Haberá un exame presencial nesta EOI ao final de dos módulos A2.1, A2.2, B1.1, B2.1, B2.2, B2.3 e C1.1 na hora de titoría.
Non hai exame específico dos Módulos A2.4, B1.2, B2.4 e C1.2, xa que ao remate destes haberá que aprobar unha proba final de certificación de nivel Básico, Intermedio B1, Intermedio B2 ou Avanzado C1respectivamente para obter o certificado correspondente.
IMPORTANTE
- Con carácter excepcional e debido ao cambio de plan de estudos, o alumnado cos módulos 5 e 6 do Plan 2018 aprobados, poderá pasar ao nivel B2, aínda que non teña superados os módulos 7 e 8 e, se o desexa, poderá presentarse á proba de certificación de nivel B1 no curso 2020-2021.
- O alumnado que curse os módulos 11 e 12 do plan 2018 (a extinguir) poderase presentar á proba de certificación do nivel B2 sen necesidade de ter aprobadas as probas de fin de módulo. Esta medida ten carácter excepcional e só é válida para o curso2020/2021.
