Usuarios rexistrados: Acceso

Taxas

Custo da matrícula

Taxas na modalidade oficial.

ALUMNADO ANTIGO (1)    
Tipo de alumnado 1 idioma 2 idiomas 3 idiomas
Alumnado ordinario  105 197  289
Familia numerosa xeral  52,50  98,50  144,50
Familia numerosa especial  0  0  0
Minusvalías, outros...  0  0  0
Funcionarios docentes  13  13  13
ALUMANDO NOVO (2)    
Alumnado ordinario  127  219  311
Familia numerosa xeral  63.50  109,50  155,50
Familia numerosa especial  0  0  0
Minusvalías, outros...  0  0  0
Funcionarios docentes 35 35 35

1. Por alumnado antigo enténdese o alumnado que xa estivo algunha vez matriculado nunha EOI de Galicia.

2. Por alumnado novo enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia

Este é o desglose de conceptos.

  • Apertura de expediente: 22€ (só alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia).
  • Servizos Xerais: 13€
  • Matrícula por cada idioma en réxime oficial: 92€.

Exencións e descontos.

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
  • Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
  • Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matrícula, unicamente nas materias de nova matriculación
  • As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
  • As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%
  • As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%

Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente (con copia e orixinal) o dereito ás exencións.

Pago aprazado.

A modalidade oficial permite fraccionar e aprazar as contías referidas exclusivamente ao concepto de matrícula: o 50% no momento da matrícula e o resto antes do 29 de xaneiro (antes do 28 de novembro no caso dos cursos intensivos cuadrimestrais). É imprescindible a presentación do resgardo deste pago na secretaría do centro e adxuntar un certificado da conta bancaria onde conste o IBAN e a titularidade

Procedemento de pago. Pódese facer de dous xeitos:

  1. Recolla o impreso de taxas na conserxaría do centro, cúbrao e pague no banco 
  2. Pódese xerar ese impreso seguindo os pasos deste tutorial. Prema aquí

 

 As taxas das EOIs de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013 do 13 de xuño (DOG do 17-06)

 

Distribuir contido