Usuarios rexistrados: Acceso

Curso de linguaxe administrativa superior 2021

Cursos de linguaxe administrativa superior curso 2021-22. (DOG 13 agosto 2020)

Cursos que se ofertan na EOI da Coruña

CURSOS MODALIDADE PRAZAS DATAS
LINGUAXE ADMINISTRATIVA SUPERIOR
 en liña 25  De outubro a xaneiro

IMPORTANTE: Todo o proceso FAISE en liña

Prazo de solicitude:Do o 1 ao 10 de setembro nesta aplicación web (non estará activa ata o 1 de setembro)

Asignación de prazas. No momento de cubrir o formulario asignarase un número a cada solicitude que será o utilizado no sorteo no que se asignarán prazas. 

Datas de asignación de prazas: 13 de setembro. Os solicitantes terán que entrar na aplicación na que fixeron a solicitude o día 14 e comprobar se obtiveron praza. En caso de tela concedida teñen que confirmar a praza e enviar a documentación pertinente a través da aplicación.

Prazo de formalización de matrícula:  Do 14 ao 17 de setembro

Os candidatos admitidos terán que confirmar a súa praza e enviar a seguinte documentación a través da plataforma:

    • Copia do DNI.
    • Xustificación de ser persoal da administración pública galega en activo ou excedencia polo cuidado dun fillo ou dun familiar(excepto o persoal docente da Consellería de Educación Universidade e FP e o persoal sanitario)
    • Copia de ter un dos seguintes títulos:
      • Curso medio de linguaxe administrativa galega.
      • Curso medio de linguaxe xurídica galega ou equivalentes establecidos no punto 2 do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG número 121, do 24 de xuño)