Usuarios rexistrados: Acceso

CURSOS CELGA E LINGUAXE ADMINSTRATIVA. CURSO 2018-19

Cursos de linguaxe administrativa e CELGA curso 2018-19. (DOG 14 agosto 2018)

Cursos que se ofertan na EOI da Coruña

CURSOS MODALIDADE PRAZAS DATAS
HORARIOS  
CELGA 2 presencial 25 outubro-xaneiro

Lu-Xo ( 11:00-13:00)

 
CELGA 3
presencial 25 outubro - xaneiro  Me-ve (15:30-17:30)  
LINGUAXE ADMINISTRATIVA MEDIO  en liña 25  febreiro - maio    
CELGA 3
presencial 25 febreiro - maio    
 CELGA 4 presencial  25 febreiro - maio    

IMPORTANTE: As solicitudes FANSE en liña

Prazo de solicitude: 

  • CURSOS DE OUTUBRO A XANEIRO: Do o 3 ao 12 de setembro na aplicación web nesta ligazón. Premer aquí (non estará activa ata o 3 de setembro)
  • CURSOS DE FEBRERIO A MAIO: Do o 2 ao 11 de xaneiro na aplicación web (non estará activa ata o 2 de xaneiro)

Asignación de prazas. No momento de cubrir o formulario asignarase un número a cada solicitude que será o utilizado no sorteo no que se asignarán prazas. Os solicitantes consultarán se se lles adxudicou praza entrando na aplicación na que fixeron a solicitude. En caso de tela concedida teñen que confirmar a praza.

Datas de asignación de prazas:

  • 15 de setembro (cursos do 1º cuadrimestre)
  • 15 de xaneiro (cursos do 2º cuadrimestre)

Presentación da documentación.

Unha vez asignada a praza o alumnado seleccionado deberá presentar na secretaría da EOI a seguinte documentación neste prazos: do 15 ao 19 de setembro (1º cuadrimestre) ou 15 ao 18 de xaneiro (2º cuadrimestre).

Documentación para os admitidos nos cursos CELGA

  • Copia do DNI.
  • Certificado de discapacidade, de ser o caso.

Documentación para os admitidos no curso de Linguaxe administrativa MEDIO.

  • Copia do DNI.
  • Xustificación de ser persoal da administración pública galega (excepto persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario).
  • Posuír un dos seguintes títulos:
    • CELGA 4.
    • Cursos de Iniciación e Perfeccionamento de lingua galega.
    • Curso básico de linguaxe administrativa galega.
    • Curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.