Usuarios rexistrados: Acceso

Que facer para matricularse

Que facer para matricularse

O alumnado OFICIAL matriulado no curso 2017-18

  • Reserva de praza. Unha vez que teña as cualificacións (apto en xuño; ou apto/non apto en setembro), deber reservar a súa praza na aplicación en-liña CENTROSNET.
  • Pago das taxas. Consulte aquí como proceder ao pago das taxas.
  • Formalización da matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación de matrícula na secretaría do centro ou enviala escaneada por correo electrónico a secretaria@eoicoruna.org (consulte o horario de atención na secretaría; a atención ao público nas extensións da EOI deberase consultar nas seccións). A matrícula non será efectiva ata que non se complete este paso.

 NOTAS:

  • O alumnado con anulación de matrícula por falta de pagamento no curso 2017-18 deberá aboar previamente as cantidades adebedadas para formalizar a nova matrícula.
  • O alumnado de That's English se quere pasar á modalidade presencial, unha vez que teña a cualificación (apto en xuño; ou apto/non apto en setembro), debe pasar obrigatoriamente pola secretaría do centro para obter acceso a CENTROSNET.

Alumnado de NOVO acceso (tamén os que aprobaron pola modalidade LIBRE ou CALC)

  • Preinscrición. Acceder á aplicación de preinscrición e seguir as instrucións. É importante recordar o contrasinal de acceso.
  • Adxudicación de prazas. O día da adxudicación deberá entrar na aplicación de preinscrición e comprobar se foi admitido. Consultar o método de adxudicación no punto 2.4 e 2.5 da circular de matrícula
  • Reserva de praza. Unha vez admitido, deberá reservar a súa praza desde a mesma aplicación en liña e pagar as taxas correspondentes (consulte aquí como proceder ao pago das taxas).

Formalización da matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación de matrícula na secretaría do centro ou enviala escaneada por correo electrónico a secretaria@eoicoruna.org (consulte o horario de atención na secretaría; a atención ao público nas extensións da EOI deberase consultar nas seccións. A matrícula non será efectiva ata que non se complete este paso.

 

consideracions prein-matri prezos e pagamentos

ligazon preinscrición

oferta horaria

INICIO MATRICULA