Usuarios rexistrados: Acceso

Documentación para matricularse

Documentación que se debe presentar para formalizar a matrícula

Deberase presentar no prazo indicado:

  • Resgardo da reserva de praza que emite a aplicación en-liña (emite 2 copias automaticamente).
  • Comprobante bancario ou en-liña do pago de taxas, debidamente cumprimentado.
  • Orixinal e copia do xustificante do dereito á exención de taxas (minusvalía, familia numerosa, funcionarios docentes, etc), de ser o caso.
  • Documento informativo. Premer aquí
  • No caso de fraccionar o pago da matrícula certificado da conta bancaria, onde conste o IBAN e a titularidade (o titular ten que ser o alumno/a que se matricula).
  • No caso de alumnado con diversidade funcional e que precise condicións especiais, deberase achegar documentación acreditativa e, se solicita adaptacións, cubrir esta solicitude e entregala xunto coa resto da documentación de matrícula.

AVISO:

O alumnado con anulación de matrícula por falta de pagamento no curso 2018-19 deberá aboar previamente as cantidades adebedadas para formalizar a nova matrícula.

 A matrícula non será efectiva ata que a secretaría do centro teña todos estes documentos.

Pódense entregar:

  • presencialmente na secretaría do centro ou

O alumnado que se matricula por primeira vez na EOI da Coruña, deberá ademáis presentar:

  • Orixinal e copia do DNI/NIE (non é valido o pasaporte).
  • Carné da escola debidamente cumprimentado (recóllese na conserxería).
  • 2 fotos carné.
  • Para alumnado menor de 16 anos, certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada, expedido polo centro onde estea matriculado segundo o modelo do anexo IV da circular de matrícula.
  • Para alumnado que cursase estudos noutra EOI, certificación académica da EOI de orixe.
  • Orixinal e copia do xustificante de acceso directo por titulación, de ser o caso.

MENORES: cubrir este documento

VOLVER Á PÁXINA DE MATRÍCULA