Usuarios rexistrados: Acceso

Consideracións previas

O que hai que saber antes de se matricular.

Se quere matricularse por primeira vez na EOI da Coruña deber ter en conta o seguinte:

  • Ter 16 anos cumpridos no ano natural de comezo dos estudos ou 14 se o dioma estranxeiro non é o mesmo que o cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira.
  • Non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso; hai establecidas vías de acceso para ingresar nun curso superior.
  • A EOI da Coruña ofrece 11 idiomas: alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés. Nas seccións pode estudar os seguintes:
    • Arteixo, Culleredo e Cee: inglés
    • Carballo: alemán, francés e inglés
    • Melide: inglés (só nivel básico e intermedio)
  • O alumnado de novo ingreso precisa preinscribirse e esperar a que se lle adxudique praza antes de poderse matricular.
  • Para matricularse debe estar en posesión do DNI ou NIE (non é valido o pasaporte).
  • As datas de realización das probas finais de xuño e setembro poderán ser en días e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula; ademáis na convocatoria de setembro poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora.

A matrícula oficial está regulada pola circular 3/2018

prein-matri que facer para matricularse prezos e pagamentos

ligazon preinscrición

oferta horaria

INICIO MATRICULA