Usuarios rexistrados: Acceso

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA 2018

Cursos de linguaxe administrativa curso 2018. (DOG 17 agosto 2017)

Cursos que se ofertan na EOI da Coruña

CURSOS MODALIDADE PRAZAS DATA DE COMEZO
LINGUAXE ADMINISTRATIVA MEDIO en liña 25 febreiro - maio
LINGUAXE ADMINISTRATIVA SUPERIOR en liña 25 febreiro- maio

IMPORTANTE: As solicitudes FANSE en liña

Prazo de solicitude:  Do o 2 ao 11 de xaneiro na aplicación web nesta ligazón. Premer aquí (non estará activa ata o 2 de xaneiro)

Asignación de prazas. No momento de cubrir o formulario asignarase un número a cada solicitude que será o utilizado no sorteo no que se asignarán prazas. Os solicitantes consultarán se se lles adxudicou praza entrando na aplicación na que fixeron a solicitude. En caso de tela concedida teñen que confirmar a praza.

Datas de asignación de prazas: 16 de xaneiro

Presentación da documentación.

Unha vez asignada a praza o alumnado seleccionado deberá presentar na secretaría da EOI a seguinte documentación neste prazos: do 16 ao 19 de xaneiro.

Documentación para os admitidos no curso de Linguaxe administrativa MEDIO.

  • Copia do DNI.
  • Xustificación de ser persoal da administración pública galega (excepto persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario).
  • Posuír un dos seguintes títulos:
    • CELGA 4.
    • Cursos de Iniciación e Perfeccionamento de lingua galega.
    • Curso básico de linguaxe administrativa galega.
    • Curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

Documentación para os admitidos no curso de Linguaxe administrativa SUPERIOR.

  • Copia do DNI.
  • Xustificación de ser persoal da administración pública galega (excepto persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario).
  • Posuír un dos seguintes títulos:
    • Curso de linguaxe administrativa medio.
    • Curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos equivalentes no publicado no punto 2 do artigo 5 da orde do 13 de xuño de 2011.