Usuarios rexistrados: Acceso

Taboleiro de novas

Acceso directo por titulación

Acceso directo por titulación

Se vostede ten un título ou certificado emitido por outra institución, consulte o curso ao que pode acceder:

  • Para galego e español para extanxeiros, prema aquí
  • Para os demáis idiomas: Orde do 21 de xuño de 2016
  • o alumnado con bacharelato aprobado pode acceder ao nivel B1 da língua cursada como primeira lingua extranxeira.

Se opta por esta vía de acceso debe saber que:

  • o acceso directo é unha opción que fai valer o alumnado; isto quere dicir que non é posible modificar a súa matrícula se o seu nivel real non se corresponde co do curso no que se matriculou. Antes de facer valer o seu acceso recoméndase informarse sobre os distintos niveis (aquí ten unhas táboas orientativas de autoavaliación);
  • para facer valer un acceso directo por titulación abonda con que, xunto coa súa documentación de matrícula, presente o orixinal e copia do título ou certificado que acredite un coñecemento previo do idioma de interese (o libro de escolaridade ou un certificado do IES no caso de acceso directo por desde Bacharelato). Se vostede tivese un certificado referido ao MECRL que non está recollido nesta relación debe facer unha proba de clasificación;
  • o acceso é exclusivamente para o curso estipulado na relación; non é posible acceder a un curso inferior ao estipulado.

Por suposto, tamén é posible acceder se ten un título do anterior plano de estudos de EOI. Teña en conta que non é posible matricularse no plan novo se ten superado o curso ou nivel equivalente ou superior no plan antigo. Esta táboa recolle os accesos desde o anterior plano de estudos. Premer aquí