Usuarios rexistrados: Acceso

Custo da matrícula

Custo da matrícula. Taxas

Aquí pode ver información detallada sobre as taxas de matricula oficial, incluíndo as exencións. As taxas das EOIs de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013 do 13 de xuño (DOG do 17-06)

A matrícula para un ano de estudos dun só idioma nas EOI de Galicia custa entre 0 e 127€, dependendo do tipo de alumnado e das exencións ás que poida ter dereito. Acceda as ligazóns para ver:

Desglose de conceptos.

  • Apertura de expediente: 22€ (só alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia).
  • Servizos Xerais: 13€ (só alumnado oficial).
  • Matrícula por cada idioma en réxime oficial: 92€.
  • Matrícula por cada idioma en réxime libre: 46€.
  • Inscrición na proba de clasificación: 17€ por idioma.

Exencións e descontos.

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
  • Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
  • Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matrícula, unicamente nas materias de nova matriculación
  • As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
  • As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%
  • As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%

Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente (con copia e orixinal) o dereito ás exencións

Pago aprazado.

A modalidade oficial permite fraccionar e aprazar as contías referidas exclusivamente ao concepto de matrícula: o 50% no momento da matrícula e o resto antes do 29 de xaneiro (antes do 28 de novembro no caso dos cursos intensivos cuadrimestrais). É imprescindible a presentación do resgardo deste pago na secretaría do centro e adxuntar un certificado da conta bancaria onde conste o IBAN e a titularidade.

A modalidade libre non ofrece o pagamento aprazado.

Taxas na modalidade oficial.

ALUMNADO ANTIGO (1)    
Tipo de alumnado 1 idioma 2 idiomas 3 idiomas Proba de clasificación
Alumnado ordinario  105 197  289  17
Familia numerosa xeral  52,50  98,50  144,50  8,50
Familia numerosa especial  0  0  0  0
Minusvalías, outros...  0  0  0 0
Funcionarios docentes  13  13  13  17
ALUMANDO NOVO (2)    
Alumnado ordinario  127  219  311  17
Familia numerosa xeral  63.50  109,50  155,50  8,50
Familia numerosa especial  0  0  0  0
Minusvalías, outros...  0  0  0  0
Funcionarios docentes 35 35 35 17

1. Por alumnado antigo enténdese o alumnado que xa estivo algunha vez matriculado nunha EOI de Galicia.

2. Por alumnado novo enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia.

 Taxas na modalidade libre.

ALUMNADO ANTIGO
Tipo de alumnado 1 idoma 2 idiomas 3 idiomas
Alumnado ordinario  46 92  138
Familia numerosa xeral  23 46 69
Familia numerosa especial  0 0 0
Minusvalía, outros ...  0 0 0
Funcionarios docentes  0 0 0
ALUMNADO NOVO
Alumnado ordinario  68  114 160
Familia numerosa xeral  34 57  80
Familia numerosa especial  0 0 0
Minusvalía, outros ...  0 0 0
Funcionarios docentes  22 22 22

1. Por alumnado antigo enténdese o alumnado que xa estivo algunha vez matriculado nunha EOI de Galicia.

2. Por alumnado novo enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia.

Procedemento

Pódese facer de dous xeitos

NAS ENTIDADES BANCARIAS

  1. Retire o impreso de liquidación de taxas na conserxaría do centro e cúbrao consignando os seus datos persoais e os códigos de tramitación* (tamén pode xerar un impreso A1).
  2. Consigne nos impresos o importe da matrícula que ten que pagar.
  3. Efectúe presencialmente o ingreso do importe en calquera das entidades bancarias que figuran ao pé da folla de liquidación.
  4. Presente os dous resgardos que lle devolva o banco na secretaría do centro xunto coa demais documentación de matrícula. Consultar horario da secretaría do centro.

POR INTERNET

  1. Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia nesta ligazón, e siga a ruta: Servizos de acceso libre > Taxas, prezos, multas e sancións > Pagamento telemático de taxas e prezos > Iniciar (botón azul á dereita da pantalla). Consigne os seus datos persoais e os códigos de tramitación* e dea a orde de pago.
  2. Para que este trámite teña validez, a aplicación deberálle xerar un xustificante de pago (modelo 730), no que conste un código seguro de verificación (CSV), composto de 16 caracteres alfanuméricos. 
  3. Presente unha copia deste modelo na secretaría do centro xunto coa demais documentación de matrícula. Posteriormente, a secretaría do centro contrastará os datos do pagamento a través da Consellería de Economía e Facenda.
*CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN
Centro Académico: Escola oficial de Idiomas 07
Delegación da Coruña 10
Servizo: Ensino Medio 03
Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas 350800