Usuarios rexistrados: Acceso

Matricula oficial curso 2017-18

Matricula oficial curso 2017-18

A matrícula en modalidade oficial está dirixida ao alumnado que desexa asistir presencialmente aos cursos ordinarios que ofrece a EOI da Coruña e as súas seccións.

Prema nas seguintes ligazóns para obter máis información sobre:

O que hai que saber antes de se matricular.

Se quere matricularse por primeira vez na EOI da Coruña deber ter en conta o seguinte:

  • Ter 16 anos cumpridos no ano natural de comezo dos estudos ou 14 se o dioma estranxeiro non é o mesmo que o cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira.
  • Non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso (básico 1); hai establecidas vías de acceso para ingresar nun curso superior.
  • A EOI da Coruña ofrece 11 idiomas: alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés. Nas seccións pode estudar os seguintes:
    • Arteixo, Culleredo e Cee: inglés
    • Carballo: alemán, francés e inglés
  • O alumnado de novo ingreso precisa preinscribirse e esperar a que se lle adxudique praza antes de poderse matricular.
  • Para matricularse debe estar en posesión do DNI ou NIE (non é valido o pasaporte).
  • As datas de realización das probas finais de xuño e setembro poderán ser en días e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula; ademáis na convocatoria de setembro poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora.

A matrícula oficial está regulada pola circular 3/2017

Idiomas e niveis que se ofrecen na modalidade oficial

Nivel do MCERL Árabe Alemán Chinés Español* Francés Galego Inglés Italiano Portugués Ruso Xaponés
  A2 Básico 1 Básico 1 Básico 1  Básico 1 Básico 1   Básico 1 Básico 1   Básico 1 Básico 1
Básico 2 Básico 2 Básico 2  Básico 2 Básico 2 Básico Integrado Básico 2 Básico 2 Básico Integrado Básico 2 Básico 2
    Básico 3  Básico Integrado              
  B1 Intermedio 1 Intermedio 1 Intermedio 1   Intermedio 1   Intermedio 1 Intermedio 1 Intermedio 1 Intermedio 1 Intermedio 1
Intermedio 2 Intermedio 2 Intermedio 2 Intermedio 2 Intermedio 2 Intermedio Integrado Intermedio 2 Intermedio 2 Intermedio Integrado Intermedio 2 Intermedio 2
Intermedio 3   Intermedio 3  Intermedio Integrado              
 B2 Avanzado 1 Avanzado 1   Avanzado 1 Avanzado 1   Avanzado 1 Avanzado 1 Avanzado 1 Avanzado 1  
Avanzado 2 Avanzado 2   Avanzado 2 Avanzado 2 Avanzado Integrado Avanzado 2 Avanzado 2 Avanzado Integrado    
C1   C1     C1 C1 C1   C1    

 * A oferta de español pode variar no segundo cuadrimestre.

Procedemento de preinscrición, adxudicación de prazas e matrícula.

O alumnado oficial que continúa estudos do idioma desde o ano inmediatamente anterior (agás o alumnado que desexe acceder aos curso de nivel C1 desde Avanzado 2), e o alumnado de That's English do ano anterior que quere continuar na modalidade oficial, non precisa preinscrición no idioma no que quere continuar estudos, e deberá seguir estes pasos:

  • Reserva de praza. Unha vez que teña as cualificacións (apto en xuño; ou apto/non apto en setembro), deber reservar a súa praza na aplicación en-liña CENTROSNET.
  • Pago das taxas. Consulte aquí como proceder ao pago das taxas.
  • Formalización da matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación de matrícula na secretaría do centro (consulte o horario de atención na secretaría; a atención ao público nas extensións da EOI deberase consultar nas seccións). A matrícula non será efectiva ata que non se complete este paso.

 NOTA: O Alumnado de That's English, unha vez que teña a cualificación (apto en xuño; ou apto/non apto en setembro), debe pasar obrigatoriamente pola secretaría do centro para obter acceso a CENTROSNET.

O alumnado de novo acceso, é decir, todo aquel que non continúa estudos do idioma desde o ano inmediatemente anterior e todo o alumnado que desexe acceder aos cursos de nivel C1, deberá seguir estes pasos:

  1. Preinscrición. Acceder á aplicación de preinscrición e seguir as instrucións. É importante recordar o contrasinal de acceso. Pode modificar a súa preinscrición cantas veces queira ata o remate do seu período de preinscrición.
  2. Adxudicación de prazas. O día da adxudicación deberá entrar na aplicación de preinscrición e comprobar se foi admitido. Consultar o método de adxudicación no punto 2.4 da circular de matrícula
  3. Reserva de praza. Unha vez admitido, deberá reservar a súa praza desde a mesma aplicación en liña e pagar as taxas correspondentes (consulte aquí como proceder ao pago das taxas).
  4. Formalización da matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación de matrícula na secretaría do centro (consulte o horario de atención na secretaría; a atención ao público nas extensións da EOI deberase consultar nas seccións. A matrícula non será efectiva ata que non se complete este paso.

Custo da matrícula na modalidade oficial.

Aquí pode ver información detallada sobre as taxas de matrícula, incluíndo as exencións.

Documentación que se debe presentar para formalizar a matrícula en modalidade oficial.

Para formalizar a matrícula todo o alumnado deberá presentar no prazo indicado:

  • Resgardo da reserva de praza que emite a aplicación en-liña (emite 2 copias automaticamente).
  • Comprobante bancario ou en-liña do pago de taxas, debidamente cumprimentado.
  • Orixinal e copia do xustificante do dereito á exención de taxas (minusvalía, familia numerosa, funcionarios docentes, etc), de ser o caso.
  • Orixinal e copia do xustificante de acceso directo por titulación, de ser o caso.
  • No caso de matricularse no nivel C1, xustificante de posuir o título de B2 da EOI ou ter pagadas as taxas para a súa expedición.
  • No caso de fraccionar o pago da matrícula certificado da conta bancaria, onde conste o IBAN e a titularidade.

O alumnado que se matricula por primeira vez na EOI da Coruña, deberá ademáis presentar:

  • Sobre do expediente, debidamente cumprimentado (recóllese na conserxería).
  • Orixinal e copia do DNI/NIE (non é valido o pasaporte).
  • Carné da escola debidamente cumprimentado (recóllese na conserxería).
  • 2 fotos carné.
  • Para alumnado menor de 16 anos, certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada, expedido polo centro onde estea matriculado segundo o modelo do anexo V da circular de matrícula.
  • Para alumnado que cursase estudos noutra EOI, certificación académica da EOI de orixe.
  • Para o alumnado que acceda aos cursos de nivel C1, fotocopia cotexada do título de nivel avanzado ou título do certificado de aptitude nese idioma expedido por unha escola oficial de idiomas, ou no seu defecto, certificación académica expedida pola EOI correspondente acompañada do xustificante de ter aboados os prezos públicos para a expedición do título.

No caso de discapacidade, deberase achegar documentación acreditativa e, se solicita adaptacións, cubrir esta solicitude e entregala xunto coa resto da documentación de matrícula.

Oferta de grupos e horarios Premer aquí

Calendario de preinscrición e matrícula

IMPORTANTE:

A aplicación pechará para o alumnado as 11:59 horas da mañá do último día de cada prazo.

A presentación da documentación no centro será ata as 14:00 horas dos mesmos días.

ALUMNADO MATRICULADO NO CURSO 2016-17
Alumnado APTO en xuño e 2017
  • do 29 de xuño ao 14 de xullo
  • do 1 ao 6 de setembro
Alumnado APTO, NON APTO e Non PRESENTADO en setembro 2017 do 7 ao 14 de setembro

 

RESTO DO ALUMNADO
  PREINSCRICIÓN ADXUDICACIÓN MATRÍCULA
Básico 1 e integrado

- do 27 de xuño ao 6 de xullo (1º prazo)

- do 17 de xullo ao 14 de setembro (2º prazo)

8 de xullo

16 de setembro

do 10 ao 14 de xullo

do 16 ao 21 de setembro

Resto dos cursos do 27 de xuño ao 14 de setembro 16 de setembro do 16 ao 21 de setembro