Usuarios rexistrados: Acceso

Matricula libre 2017

 Matricula libre 2017

PRAZO DE MATRÍCULA LIBRE: DO 20 DE MARZO AO 6 DE ABRIL ATA ÁS 12

 

  • Información Xeral (ler atentamente antes de formalizar a súa matrícula). Premer aquí.


  • Idiomas e niveis que se ofrecen na modalidade libre na EOI da Coruña e seccións:

 

 CENTRO IDIOMAS NIVEIS
EOI A CORUÑA

Alemán

Árabe

Chinés

Español para Estranxeiros

Francés

Galego

Inglés

Italiano

Portugués

Ruso

Xaponés

Básico, Intermedio e Avanzado

Básico, Intermedio e Avanzado

Básico e Intermedio

Básico, Intermedio e Avanzado

Básico, Intermedio, Avanzado e C1

Básico, Intermedio, Avanzado e C1

Básico, Intermedio, Avanzado e C1

Básico, Intermedio e Avanzado

Básico, Intermedio e Avanzado e C1

Básico, Intermedio e Avanzado

Básico e Intermedio

Sección Arteixo Inglés Básico, Intermedio e Avanzado
Sección Carballo

 

Alemán

Francés

Inglés

 

 

Básico e Intermedio

Básico, Intermedio e Avanzado

Básico, Intermedio, Avanzado, C1

 

Sección Cee Inglés Básico, Intermedio e Avanzado
Sección Culleredo Inglés Básico, Intermedio e Avanzado

 

 

  • Proba de certificación de Nivel C1: restricións de acceso

    Poderá optar á proba de certificación de nivel C1 o alumnado que estea en posesión do certificado de nivel inmediatamente anterior (nivel avanzado, ciclo superior ou reválida) expedido por unha EOI, o que deberá demostrar documentalmente. De ter superado os estudos e non dispor do certificado, debrá presentar unha certificación académica estándar acompañada do xustificate de ter aboado os prezos públicos para a expedición do certificado de nivel avanzado ou certificado de aptitude (ciclo superior). No caso de inglés, tamén serve como acreditación de acceso o Certificate of Proficiency validado polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte.

  • Proceso de matrícula
  • Taxas
    • Prezos
    • Procedemento para aboar as taxas. Pode efectuar o pagamento das taxas de dous xeitos diferentes:
        • Nas ENTIDADES BANCARIAS:

      1. Retire o impreso de liquidación de taxas na conserxería do centro e encha os espazos destinados aos seus datos persoais. Tamén pode xerar un impreso estándar Modelo AI nesta ligazón.

      2. Marque o importe de matrícula que lle corresponde aboar dependendo do tipo de alumnado. Teña en conta que debe marcar correctamente este importe porque non se pode solicitar ningunha devolución de taxas debido a un erro do propio alumno/a.
      3. Efectúe o pagamento presencialmente nunha das entidades bancarias habilitadas para tal efecto (Banco Atlántico, Banesto, Banco Echeverría, Banco Herrero, Banco Gallego, Banco Simeón, BSCH, Banco Pastor, Banco Popular, Banco Sabadell, Banco de Galicia, BBVA, Caixa Catalunya, Novagalicia Banco, Caja España, La Caixa, Caja Rural de Lugo)
      4. Presente os dous resgardos que lle devolva o banco na secretaría do centro xunto co resto da documentación de matrícula.
      • Por INTERNET (só con tarxeta)

      1. Acceda á Oficina virtual tributariada Consellería de Facenda e siga esta ruta: Servizos de acceso libre →Taxas, prezos, multas e sancións → Pagamento telemático de taxas e prezos → Iniciar (botón azul na dereita da pantalla). Indique os seus datos persoais e os códigos de tramitación e dea a orde de pagamento. Comprobe ben o importe que debe aboar, pois non existe a posibilidade de devolución de taxas.

      2. A aplicación xeraralle un xustificante de pagamento modelo 730 que deberá entregar na secretaría do centro xunto co resto da documentación da matrícula.
      3. No caso de que deba retomar a operación, a aplicación xeraralle un código de verificación CSV que envía ao seu correo-e. Debe acceder de novo á Oficina virtual tributaria→Servizos de acceso libre →Taxas, prezos, multas e sancións→ Operacións realizadas

CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN:

  • Centro académico: Escola Oficial de Idiomas 07
  • Delegación:  Coruña 10
  • Servizo: Ensino Medio 03
  • Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas 350800

 

 

As ligazóns para a matrícula estarán disponibles desde o 20 de marzo.