Skip to Content

Benvida ao curso 2020/2021...

Aquí estamos preparando todo para comezar un curso máis en condicións infinitamente diferentes a calquera curso anterior.

Ademais da alerta sanitaria na que continuamos, e da que vos imaxinamos sobradamente informadas a todas as familias polos medios de comunicación, na nosa escola vanse producir algúns cambios.

Este ano, seguindo as pautas sinaladas pola Consellería de Educación, temos que agrupar alumnado ao non contar con matrícula suficiente. Isto significa que unha das mestras foi desprazada a outro centro, concretamente Yaiza (titora de 5º de EI no curso anterior). Aproveitamos para darlle as GRAZAS polo curso que compartimos e moita sorte na nova etapa!

Así, o equipo docente estará composto por 4 en lugar de por 6 mestras, e en lugar de tres unidades imos ter duas:

*Unha de 3 e 4 anos (4º de EI e 5º de EI): 15 nenas e nenos.

*Outra de 5 anos (6º EI): 12 nenos e nenas.

Nesta semana reunirémonos en Claustro para aprobar o protocolo COVID, e posteriormente en Consello Escolar para informar do mesmo.

Somos conscentes de que os nenos e nenas interiorizan as normas de hixiene que require a alerta sanitaria. Precisamos traballalas entre todos e todas, dedicándolle tempo tanto na casa como na escola. Esta vai ser unha medida clave no inicio de curso e coa alerta sanitaria vixente.

Previamente ao inicio, seredes informadas todas e cada unha das familias mediante chamada telefónica das pautas para o voso grupo. 

Para os aspectos de carácter xeral convén que sigades esta WEB.

Saúdos e saúde de parte de todo o EQUIPO!!!



blog | by Dr. Radut