Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 21-22, informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro foi admitido. Presentáronse as solicitudes que se indican a continuación:
- 4º Infantil (3 anos): 32 solicitudes para 50 prazas vacantes.
- 5º Infantil (4 anos): 0 solicitudes para 34 prazas vacantes.
- 6º Infantil (5 anos): 0 solicitudes para 18 prazas vacantes.
A listaxe provisional de admitidos e admitidas poderá consultarse do seguinte xeito:
- Presencial: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
- Non Presencial: única e exclusivamente a través da aplicación "admisionalumnado" empregando a chave 365 ou certificado dixital.
Lembramos que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.