EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

 

NORMATIVA 

O proceso de admisión está regulado na seguinte normativa:

- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, que regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.

- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos publicos, modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 e a Orde do 18 de decembro de 2020.

 

PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO

  • 4º Infantil (3 anos): 50 prazas (6 para alumnado con NEAE).
  • 5º Infantil (4 anos): 34 prazas.
  • 6º Infantil (5 anos): 18 prazas.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Do 1 ao 22 de marzo.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Solicitude de admisión, en impreso que facilita o centro ou a través da aplicación "admisiónalumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  • Fotocopia do Libro de Familia da folla do alumno/a.
  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria.
  • Fotocopia do DNI da nai e pai ou titor/a legal.
  • Fotocopia do DNI do alumno/a, en caso de telo.
  • Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio dos membros da unidade familiar.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Permiso para actividades complemetarias e extraescolares.
  • Cuestionario sobre a lingua materna.
  • Opción sobre o ensino de relixión.
  • Autorización uso da imaxe.

 

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN 

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 22 de marzo.
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas : antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

IMPORTANTE

  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro educativo no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade.
  • O alumnado que xa está escolarizado no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, o centro de orixe.
  • No caso de que exista máis demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.