Skip to Content

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

O alumnado de novo ingreso deberá formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño. Será preciso presentar a seguinte documentación:

  • Impreso cuberto que se facilita na secretaría deste centro
  • 3 fotografías tamaño carnet (co nome escrito no dorso)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas

O horario para entregar a documentación é de 10h a 13h

Unificación EEI Vagalume e CEIP Arealonga

 

Estimadas familias:

Comunicámoslles que, a partires do próximo curso 2022-2023, a EEI Vagalume pasará a integrarse no CEIP Arealonga, formando un só centro, polo que os equipos docentes comezaremos a traballar conxuntamente para organizar os aspectos educativos.

 

Estamos seguros de que esta nova etapa será de proveito para todos, sobre todo para os máis pequenos, que son os que realmente nos importan a todos.

 

Un saúdo,

FELIZ VERÁN!

 

PREMIO VOZ NATURA INFANTIL 2022

PREMIO VOZ NATURA A MELLOR PROXECTO INFANTIL

A nosa escola acadou este ano o premio Voz Natura polo traballo feito no invernadoiro, o emprego do composteiro e a correcta separación de residuos, a reutilización de materiais de refugallo e a colaboración na limpeza das praias.

Aqui podedes ver a noticia de La Voz de Galicia

NORABOA A TODAS E TODOS!

World Book Day 2022 Vagalume

WORLD BOOK DAY 2022

Pete the cat: I love my white shoes

 

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO CURSO 2022-2023

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión en prazo foi admitido. A listaxe definitiva de admisión está publicada no taboleiro interior do centro.

A matricula deberá formalizarse entre o 20 e 0 30 de xuño.

Bolboretas Easter Egg Hunt

EASTER EGG HUNT 2022

 

Easter Egg Hunt 2022 (Bolboretas) de Teacher Sabela

Distribuir contido


by Dr. Radut