Skip to Content

Nós tamén creamos

MAKING OFF BUSCANDO O NORTE.

Bo día, familias!

Neste derradeiro día deste atípico curso queremos compartir con vos parte do traballo que os nenos e nenas estiveron a facer.

Ao abeiro de política lingüística e dento dos Plan Proxecta participamos na realización dunha curta a partir da adaptación dun conto.

Coa suspensión das clases presenciais tivemos un parón e non deu tempo a rematalo, pero para o curso que ven o teremos listo.

Pero para que vexades todo o que se traballou, aquí vos deixamos o making off como adianto!

Agardamos que vos guste e o disfrutedes!

 

 

Pasade un moi bo verán. Unha aperta moi grande de todo o claustro!

Curtametraxe!!!

Como xa explicamos anteriormente, unha das actividades que levamos a cabo foi realizar unha curta animada partindo do conto "Buscando o norte".

Non nos deu tempo a rematalo, debido ao parón das clases lectivas, pero todo o alumnado estivo traballando con moita motivación e ilusión para poder realizalo: limos e escollimos o conto, preparamos os decorados e as personaxes, gravamos voces, e tamén aprendemos refráns! Aquí tedes algunhas imaxes!

Buscando o norte

Buscando o norte

Aquí vos deixo a letra da canción da nosa curta animada "Buscando o norte" 

Buscando o norte

Ola a todas e todos!!!!

Como xa sabedes, este ano estamos a participar nun plan de innovación educativa chamado Nós tamén creamos, no que a partires dun conto estabamos a realizar unha curta de animación. Debido ás condicións nas que nos atopamos, este proceso tamén está temporalmente interrompido.

De todas maneiras, gustaríanos que as nenas e nenos, seguiran traballando algúns aspectos deste proxecto, que nos ten tan ilusionados, tanto aos propios nenos e nenas como as mestras e mestres.

Por iso é, polo que decidimos poñervos aquí varios materiais para que podades consultar e xogar un pouquiño.

Podedes consultar o conto no que se vai basear a nosa curta "Buscando o norte" da editorial OQO, no seguinte enlace:

https://drive.google.com/open?id=1w4N4Xvd5j7z33cagZfJ9k50mgsFBByui

 

Ademais, deixámosvos a canción realizada por Iván Vale, que acompañará á nosa curta, na súa presentación. Ao que lle damos as grazas por colaborar con nós.

https://drive.google.com/open?id=1dFc0S8CoKrNIAWMCpJu8WFQaBiqibTP-

 

E para facer máis levadía esta situación, gustaríanos que compartades con nós e con todas as compañeiras e compañeiros, algún debuxo, manualidade, actividade,..., ou todo aquilo que se vos ocorra, relacionado con este proxecto. Podédelo facer a través do enderezo electrónico familiassanroque@gmail.com, para que nós o poidamos despois compartir con todas e todos a través desta páxina. Tamén o podedes facer por whatsapp a través do número 646148944

Un saúdo moi grande

#quedatenacasa#todovaisairben#entretodospodemos#

 

Distribuir contido


by Dr. Radut