Skip to Content

Taboleiro

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020/2021

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020/2021

ALUMNADO USUARIO DO SERVIZO DE TRANSPORTE E COMEDOR DURANTE O CURSO 2019/2020

       O alumnado usuario dos servizos complementarios do centro (transporte e comedor escolar) durante o curso que agora remata e que queira seguilos  usando no vindeiro curso, deberán cubrir os impresos correspondentes e entregalos no centro antes do vindeiro día 10 de xullo, previa cita chamando ao teléfono 646148944.

       Os impresos poden descargarse nos arquivos adxuntos ou recollelos no centro a partir do día 1 de xullo.

 

RESERVA DE PLAZA CURSO 2019-20, CENTROS ADSCRITOS

Aberto o prazo de SOLICITUDE DE RESERVA DE 

PRAZA para as alumnas/os de 6º de Infantil que vaian 

o CEIP LOIS TOBIO, centro o que estamos adscritos

 

Podese facer de varios xeitos:

- Cubrir o formulario, enviado,  a man e devolvelo ao centro.

- Acceder á páxina da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e no apartado de Servizos cubrir o formulario que se atopa en Admisión alumnado, a través do menú: Solicitudes - Reserva - Crear.

Si se escolle esta opción podese:

. Imprimir o formulario e traelo ao centro.

. Presentalo na Sede electrónica a través da aplicación , se dispoñen de Certificado dixital ou Chave 365.

DATA LÍMITE: 15 DE FEBREIRO DE 2019.

O alumnado que non vaia ao Lois Tobío, terá que presentar a Solicitude de admisión (que poderán solicitar no centro no que queiran obter praza ou acceder a ela através de Admisión alumnado) do 1 ao 20 de marzo.

En calquera dos dous casos haberá que formalizar a matrícula,

para o vindeiro curso, do 20 ao 30 de xuño.

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2018-2019

O vindeiro mércores día 12 comenzamos un novo curso e damosvos a benvida.

As nenas e nenos de 5º curso (4 anos) e de 6º curso ( 5 anos ) comenzarán en horario completo de 9:20 a 14:20.

As familias que pediron servizos complementarios de transporte e comedor, en tempo e forma, obtiveron plaza, polo que poden facer uso dos mesmos dende ese mesmo día.

O alumnado de 4º curso ( 3 anos ), en periodo de adaptación, seguiran os horarios que lle foron entregados polas titoras na reunión inicial da pasada semana. 

PEDICULOSE

LEMBRÁMOSLLES A TODAS AS FAMILIAS A REVISIÓN PERIÓDICAS DAS CABEZAS DOS NENOS E NENASCO FIN DE PREVIR OS POSIBLES CASOS DE PEDICULOSE (PIOLLOS)

AS FAMILIAS BOTAN UNHA MAN COAS INSTALACIÓNS DA ESCOLA

Involucrados no proxecto Acción, pais e nais dos nosos pequechos/as enfundáronse nun mono branco para pintar o muro exterior do noso patio. Pais e nais, moitas grazas pola vosa axuda!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut