Skip to Content

Librín en Blogspot

OS MESES DOS LIBROS E DAS LETRAS

Durante o mes de abril e o de maio, no cole San Roque, queremos facer un guiño aos libros e ás letras, seguindo coa campaña CIDADANÍA, DIVERSIDADE = IGUALDADE E INCLUSIÓN. 

Por iso, e como botamos de menos contarvos algún que outro contiño, as profes e profe do cole, queremos convertirnos en contadores de contos, e celebrar cos vós estes días tan especiais.

Así mesmo, invitámosvos, como parte da nosa comunidade educativa e como cidadanía activa, a que compartades con nós os vosos propios contacontos (a través do mail ou do wsp), xa que sodes unha peza moi importante deste quebracabezas educativo e polo tanto, da biblioteca de Librín, como eixo desta actividade que vos propoñemos.

Os primeiros contos dalgúns alumnos e das súas familias xa están colgados no blog da biblioteca, que podedes ver no seguinte enlace: 

http://bibliotecalibrin.blogspot.com/

Cada día iremos publicando un contacontos para que desfrutedes da nosa compaña e das nosas historias, así como de todas aquelas que queirades compartir con nós.

Mandámosvos un abrazo moi grande 

O Claustro e Librín

 

 

 

Conto solidario dramatizado: Una varita mágica para Dulce

A familia de Tiago de 4º A, enviounos fai uns día un conto dramatizado que fixeron, é un conto solidario, cunha gran mensaxe para estes tempos que corren, un conto sobre a xordocegueira. 

(Conto: Una varita mágica para Dulce)

 

Esperamos que vos guste.

 

Blog da biblioteca "Bibliolibrín"

Distribuir contido


by Dr. Radut