Skip to Content

5º Infantil

Princesas, vermiños e monstros

Ola. Agardamos que todo vaia moi ben.

 
Por aquí lembrámonos moito do colexio pero aproveitamos o tempo para ter actividades en familia. Algunhas delas poden servir para que as vexades no colexio:
 
Irati fixo unha princesa en cartón de papel dun rolo de cociña:
 
 
Tamén fixo co cartón dos ovos un verme:
 
 
Toda a familia participou na actividade facendo cadanseu a súa:
 
 
Agardamos que todo vai ben para a toda a comunidade educativa e que voltemos vernos moi axiña.
 
Unha aperta de toda a familia.
 
Moitas grazas por ensinarvos os vosos traballos, unha aperta tamén para vos
 

Todo vai saír ben

Tócalle a quenda a Gael de 5º B, que nos manda todo seu ánimo e a súa forza, con este Arco da vella, recordándonos que Todo vai saír ben. Ademais aproveita para repasar as letras, cun xogo moi entretido

Aliméntate ben e Patios dinámicos

Neste caso Raúl de 5º A, preparou unha ouruga glotona para entreterse un pouco; xenial, para seguir traballando a alimentación saudable que estaban a preparar no cole dentro do programa Aliméntate ben.

 

E xa que el queda na casa, optou por facer diferentes xogos caseiros con material de refugallo. Algunha idea vennos xenial para o noso proxecto dos Patios Dinámicos. Gracias 

E aquí nos chega outro barco pirata...

Esta vez da man de Aroa Alló de 5º A. Terá que axudar ao seu compañeiro Ángel para conseguir o tesouro escondido...

 

Monstro Coronavirus

Outra proposta do noso compi Rui. Esta vez, está pintando ese monstriño que non nos permite vernos durante estes días.

Según nos conta a súa familia, el di que son de cor morado e moi feos. 

Crémoscho, Rui, ten que ser moi feo para conseguir que esteamos nesta situación.

 

Moito ánimo a todas e todos

Mamá, de maior quero ser... ¡Artista!

Estas son as palabras que nos deixa a familia de Mariña de 5º B, no enderezo electrónico:

A Mariña encántalle debuxar, pintar... e nestes días está creando moitísimas obras de arte. No cuarto dos xoguetes, no seu pequeno pupitre e cos seus rotus é feliz… quere compartir con vós a chegada da primavera, o retrato de Draco, o protagonista dese conto que coñecedes todos/as "Viaxe ao reino das emocións" e a ilustración de Sal e Sol (limacha e caracol) na praia de Covas, protagonistas da nosa curta Buscando o Norte.

 

Outra das aficións de Mariña e bailar e cantar, a verdade é que lle ven de familia, así que tamén quere compartir con vós a canción da curta, do músico Iván Vale, onde canta coa súa mama. Aquí vos deixamos o audio para que o escoitedes (PICHA AQUÍ).

 

 

Un arco da vella solidario

Esta é a fermosa mensaxe que nos deixou Rui de 5º A no enderezo electrónico, que con permiso da súa familia, comporto con todas e todos vós:

Pensamos que todos os nenos e adultos temos potencial creativo e consideramos fundamental desarrollalo, por iso entre xogos, música, lectura, teatro, monicreques e demáis, sempre atopamos un espazo para coller as cores do arco da vella e deixar voar a nosa imaxinación.  

Unha aperta e moito ánimo, 
Rui Hermida Rguez.
 
Por certo, ten moitas ganas de volver ao colexio e iso que non lle gusta nada madrugar ! Mándavos un bico

 

A nós tamén nos tarda verte Rui, e a todos os demais tamén. Bicos a moreas

 

 

Máis propostas

Aquí chega algunha proposta máis da nosa compi Aroa Alló de 5º A. Encántanos ver o moito que traballades

 

Temible Barco Pirata

E aquí nos chegan as primeiras fotos do noso compi Ángel de 5º A, cos seus irmáns, realizando un heroico barco pirata; Chegarán a atopar un cofre do tesouro??? Desexámoslles moita sorte nesta aventura.

 

Actividades para casa!

Ante esta situación que estamos a vivir, deixámosvos unha serie de actividades para realizar nos vosos fogares. Moito ánimo e forza! Esperamos vervos pronto. Moitos bicos!

 

Lucía e Candi

 

 

As actividades que vos recomendamos serán breves, variadas, manipulativas e activas. Por exemplo:

 

 

 

-Recortar e rachar papel de diferentes tipos: xornal, revistas…

 

- Amasar e modelar con plastilina.

 

 

-Debuxar e decorar con diferentes técnicas e recursos que teñan por casa: ceras, rotuladores, lapis de cores, xices, témperas, teas, papeis, adhesivos…

 

- Xogo simbólico: cociña, construcións, coches, disfraces, bonecos…

 

 

- Tempo de lectura: ler ou contar contos, historias, actividades de comprensión sobre a lectura, facer debuxos sobre os mesmos…

 

 

- Xogos de mesa: parchís, oca, cartas…

 

 

- Bailes, coreografías…

 

 

CORONAVIRUS PARA AS/OS PEQUES:

 

CONTO “ ROSA CONTRA EL VIRUS”

https://www.youtube.com/watch?v=Z9w6B_PpYjo

 

QUE É O CORONAVIRUS?:

https://www.youtube.com/watch?v=XcDRGkfqPXg

 

O XOGO DO CORONAVIRUS:

https://www.youtube.com/watch?v=XnIo0uRgKSQ

 

EXPERIMENTO CORONAVIRUS

https://www.youtube.com/watch?v=yPjUf7t6qmM

 

 

 

 

PARA IMPRIMIR:

 

CADERNOS DE RELACIÓN:

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2016/12/CADA-OVEJA-CON-SU-PAREJA-1.pdf

 

PARA RECORTAR CON TESOIRAS

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2019/09/fichas-grafomotricidad-educacion-infantil.pdf

 

 

 

 

ACTIVIDADE ALIMENTACIÓN:

 

SOMOS COCIÑEIROS DE DEBUXOS:

https://www.pinterest.es/pin/302585668708313518/

 

 

XOGOS PARA PC /TABLET:

 

1. XOGOS ALIMENTACIÓN SAUDABLE

https://spain.minilandeducational.com/school/juegos-online-alimentacion-saludable-ninos

 

2. PEQUELANDIA

http://www.pequelandia.org/menu/

 

3. VEDOQUE

https://vedoque.com/sec.php?s=infantil

 

 

4. XOGAMOS COS NÚMEROS

http://www.waece.org/sabemos/indicenumeros.htm

 

5. FÁBRICA DE CARAS

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=fabrica-caras

 

 

XOGOS ABN

 

1. EQUIVALENCIAS

https://phosphorus.github.io/app.html?id=167619044&turbo=false&full-screen=true

 

2. CONTAR

https://scratch.mit.edu/projects/166804761/fullscreen

 

3. OPERACIÓNS

https://scratch.mit.edu/projects/179199609/fullscreen

 

 

 

MOTRICIDADE FINA E GROSA

https://www.youtube.com/watch?v=e_PzRZr0ch8&t=301s

https://www.youtube.com/watch?v=BnKIAFebJzo

https://www.youtube.com/watch?v=9oHq-joy22w&list=PLfVDJFxsvnTRfRvl7gJPUUc3GFYCO4anA&index=2&t=0s

 

 

 

ARTE E MANUALIDADES

https://alumnoon.com/preescolar/actividades.php?c=530

https://veronic.pastelruj.com/grandes-manos-y-pies/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut