Skip to Content

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

O día 16 de outubro celebrase o DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN, desde o centro eleximos esta data de celebración para recordar a importancia da alimentación na saúde para o noso alumnado, como  prevención de enfermidades e axeitado crecemento . Celebración acorde cos nosos proxectos de innovación educativa da Consellería "Alimentate ben" e "EDUsaúde". Dentro destes realizaremos actividades no só de concienciación de hábitos saudables relacionados coa alimentación se non tamén coa importancia do exercicio físico e da relaxación co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas.

Aproveitamos esta celebración para apoiar a illa da Palma e aos palmeros fomentando o consumo de plátanos de Canarias. Dende aquí dar as grazas as familias pola participación e colaboración xa que todo o noso alumnado hoxe merendou riquísimos plátanos canarios.

 



story | by Dr. Radut