Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O próximo 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas instaurou en 2007 este día para poñer de relevo a necesidade de contribuír á mejora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

Neste sentido, o movemento asociativo do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, desenvolve unha campaña de concienciación que pon o foco en dúas áreas fundamentais para a inclusión e mejora da calidade de vida do colectivo TEA: a educación e o emprego. Por iso é polo que se elixiu como lema “Podo aprender. Podo traballar” e, como imaxe da campaña, varias mans sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persoa. Ademais, a imaxe preséntase en cinco cores diferentes, reflectindo así a diversidade existente dentro do espectro do autismo.

Atendendo a este lema, os principais obxectivos desta Campaña son:

1. Aumentar a concienciación sobre o autismo na sociedade e promover unha mellor comprensión do trastorno para incluír e apoiar ás persoas con TEA.

2. Mellorar o acceso á educación e o emprego para o colectivo.

3. Conseguir o compromiso dos representantes políticos para facer efectivos os dereitos das persoas con TEA nestes dous ámbitos principais.

É por iso, que desde o centro, queremos sumarnos a esta inicitiva; para o que vos propoñemos a seguinte tarefa: que os nenos e nenas escollan unha ferramenta ou utensilio que lles guste moito facer ou que lles saia moi ben, e que o sosteñan coa súa man. Mandádenos a foto (só da man na que se vexa o utensilio ou ferramenta) para poder completar así o seguinte vídeo que vos presentamos coas nosas propostas (tedes de prazo ata o día 1 de abril, para que nos dea tempo de motar todo). Esperamos que vos guste (VÍDEO).

 

Os nosos blogs

Artigos recentes

TEATRO DE SOMBRAS hai 12 anos 30 semanas
International Day of peace hai 6 anos 21 semanas
Pictogramas hai 6 anos 21 semanas
DIA DE ROSALÍA hai 6 anos 21 semanas
A BIBLIOTECA DE LIBRÍN hai 5 anos 42 semanas

Iniciar sesión