PROTOCOLO PARA OS NOVOS ALUMNOS DE 3 ANOS DO CENTRO

 

 

 

SUXERENCIASPARACASA

 

·Conversar moito con eles, empregando linguaxe de adultos, non como se foran bebés. Nomear as cousas correctamente: animais, flores, cores, etc. Adicar tempo para falar e escoitalos/as.

 

·Establecer unha rutina á hora de deitalos: facelo sempre á mesma hora (cedo, se é posible), lerlles un conto e deixalos tranquilos no seu cuarto para que durman.

 

·Non sobreprotexelos. Coidalos e atendelos non implica consentilos. Na casa e na escola existen normas de convivencia e comportamento.

 

·Reducir o tempo diante da televisión. Favorecer as relacións con outros nenos e nenas e con adultos mediantes xogos, contos...

 

·EnsinarllesHÁBITOS:

 

1.De limpeza: lavar as mans, a cara; aprender a limparse no baño ou asoarse cun pano, ...

 

2.De alimentación e saúde: comer sós, retirarlles o biberón e, sobre todo, o chupete. Evitar o consumo de chuches, bollería, ...

 

3.De autonomía persoal: abotoarse, subir e baixar cremalleras, vestirse, ...

 

4.Ensinarlles a controlar os esfínteres e quitarlles o pañal. Non poden vir con el á escola.

 

RECOMENDACIÓNSPARAO COLEXIO

 

 

·MANDILÓN: debe ser amplo e con botóns grandes por diante. É importante que teña o nome do neno/a marcado nun lugar visible e unha cinta para que poidan colgalos. Tamén debe ter goma elástica no puño.

 

·As cazadoras ou abrigos tamén deben levar unha CINTA ancha para que poidan colgalos. Nesta cinta debe estar escrito o nomecun bolígrafo. A mochila tamén debe estar identificada co seu nome. Recoméndase que sexa axeitada ao tamaño do neno/a.

 

·A roupa debe permitir autonomíapara que poidan ir sos ao baño. NON se recomenda roupa con tirantes nin cinturón. Mellor roupa con goma no pantalón, amplia e cómoda, como o chándal.

 

·CALZADO: é conveniente que sexa sen cordóns. Se ten cordóns, debe procurarse que non sexan redondos e esvaradizos.

 

·CHAMARASE Á CASA se o neno/a fai caca ou pis para que veñan mudarlle a roupa. Convén facilitar un número fixo e un móbil para estes casos.

 

·A ASISTENCIA á escola debe ser continuada, agás causa xustificada.

OUTRAS NORMAS DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

 

·Evitarase traer xoguetes porque se poden perder ou ser fonte de liortas entre o alumnado.

 

·É conveniente que os pais comuniquen por escrito ou verbalmente as faltas dos seus fillos á titora. Cando unha ausencia estea prevista, a familia deberá comunicala previamente á titora.

 

·O alumnado pode faltar en calquera momento para visitas médicas. Candoa ausencia ás primeiras clases sexa por este motivo, a familia presentará o xustificante de asistencia ao médico.

 

·Cando o alumnado deba abandonar o centro dentro do horario lectivo, os pais deberán cumplimentar por escrito a xustificación que se lles facilitará.

 

·Hai que deixar aos nenos na porta da aula, á vista da titora, procurando non entrar con eles.

 

·Sexa puntual á hora de entrada para non disturbiar as clases empezadas. Igualmente á hora de saída: a súa ausencia pode provocar inseguridade no neno/a.