Curso 2016-17

ABALAR MOBIL

Xa podedes descargar a aplicación Abalarmobil tanto se tedes Apple Store como Play Store.

Esta aplicación vainos servir para comunicarnos máis rapidamente con todos vos e tamén para que vós poidades ver todo o relacionado co/a voso/a fillo/a e poidades falar directamente a titora. E moi sinxela de utilizar.

Pasos para a instalación:

1. Buscamos a aplicación en Apple Store (para móbiles IOS) ou en Play Store (para móbiles Android)

2. Dámoslle a instalar e, cando esté instalada, dámoslle a Abrir

 

3. Ao abrir a aplicación, chegaranos un código aos sms, témolo que por para poder continuar.

4.Escribir o noso número de teléfono. Poñer o número que temos no centro.

Aquí pode pasar que vos apareza unha mensaxe que diga "O usuario non existe", esto é porque ese número de teléfono non o temos rexistrado no centro; tamén os pode decir "usuario duplicado", esto é porque tedes o mesmo número de teléfono os dous pais (SE SUCEDE ALGO DE ESTO ACERCÁDEVOS AO CENTRO)


5. Escribir un contrasinal (o que queirades)

 

6.Finalizar o rexistro

 

Tedes a guía completa AQUI

 

Fin de Curso

Aquí van algunhas fotos do "Festival de Fin de Curso", moitísimas grazas pola vosa participación e un aplauso a todos os nenos e nenas do Areal xa que quedou demostrado que son uns grandes artistas!!

(fotos AQUI)

 

Tamén fomos xogar e merendar  a Indiana Bill, pasámolo xenial!!

 

(fotos AQUÍ)

Contacontos

No mes de Xuño tamén tivemos contacontos,

aquí queda a proba!!

Dende o cole queremos mandarlle un agradecemento xigante a todas as familias que poideron participar neste obradoiro dos venres, xa que crearon un momento moi especial na zona da biblio así como un recordo que os seus nenos tarde esquecerán!

 

Videos do Festival

Hoxe foi un día moi especial para todos, por fin chegou o ansiado festival de fin de curso!

Mentras recopilamos as fotos velaquí quedan os videos que proxectamos para que vaiades abrindo boca.

Festa

A derradeira semana de cole está sendo moi intensa!

Hoxe tocou unha festiña tendo coma protagonistas os nenos e nenas que cumpliron anos este derradeiro trimestre e os que cumplirán no verán.

As fotos...AQUI

Praia Ladeira

As néboas coas que amanecemos hoxe non impediron que disfrutáramos dun ratiño de praia.

Mirade, mirade! AQUÍ

 

"Areas da Ladeira"

Nas últimas semanas estivemos a traballar arreo para poder publicar a nosa primeira edición da revista dixital "Areas da Ladeira". É unha recompilación dalgúns dos traballos, festas e saídas que fixemos ao longo do curso na nosa escola.
Podedes visualizala de forma online ou podedes descargala en formato pdf para lela con máis calma.
 
Agardamos que vos guste!
 Para facilitarvos a descarga facede click AQUÍ!
 
 
 

Axudas para os libros de Primaria

Familias!

Fai uns días publicouse na páxina da Xunta a "Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar" pero, isto que significa? 

Pois que todos os nenos e nenas do Areal que pasan para primaria, xunto con aqueles que están cursando xa primaria ou secundaria teñen a posibilidade de optar as axudas tanto para libros de texto coma para materiais.

 

Os plazos son os seguintes:

Prazo de presentación: do 24 de maio ao 23 de xuño de 2017

- Axudas para libros de texto: para Educación Primaria (1º e 2º)

      Data de recollida do cheque: a partir do 14 de xullo de 2017

- Axudas para Material Escolar: para Educación Primaria e ESO (rendas iguales ou inferiores a 5.400 €)

     Data de recollida do cheque: a partir do 14 de xullo de 2017 

 

No seguinte enlace atoparedes máis información, o impreso de solicitude...

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Día do Medio Ambiente

Esta mañá as sirenas soaron con forza no Areal pero, tranquilos!! non pasou nada grave!!

Era a do coche do Seprona da Garda Civil que viñeron a falarnos de cousas tan importantes como:  o coidado dos animais, o coidado dos montes, dos incendios, da importancia da reciclaxe e do dano que lle podemos facer a natureza coas nosas basuras... e tamén nos ensinaron todo o que empregan eles para vixiar a toda esa xente que lle fai dano ós animais, o monte, o mar... e ó medio ambiente en xeral.

Moitas grazas pola visita!! 

premede AQUÍ  para ver todas as fotos

Horto

Menuda xornada a de hoxe!!

1º fomos o viveiro de Sabarís. Ensináronnos árbores, plantas e ata animais, que ben o pasamos! Grazas Suso por tratarnos tan ben e grazas o viviero de Sabarís por regalarnos tantas flores para o cole!! 

Fotos AQUÍ

2º Ademáis, como traballamos como balas, deunos tempo a recoller a colleita do "Horto der Tontón" e hoxe todos os pequenos do Areal poideron levar para casa leitugas e acelgas.  

Saboreadeas ben que é a primeira colleita deste ano!!