FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2018/2019

O luns 21 de maio publicouse na páxina da Xunta a Convocatoria do fondo solidarario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso.

Os nenos/as do Areal que pasan a primaria teñen a posibilidade de optar a estas axudas.

O prazo de presentación de solicitudes é do 22 de maio ao 22 de xuño.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No seguinte enlace podedes atopar máis información e o impreso de solicitude.

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros