LETRAS GALEGAS 2018

AQUÍ ESTÁN AS FAMOSAS PEGADAS EN GALEGO QUE ELABORARON OS NENOS E NENAS DO AREAL. CON ELAS PRETENDEMOS ACHEGAR O GALEGO ÁS FAMILIAS DA NOSA ESCOLA E TAMÉN AO CONTORNO PRÓXIMO.

PARA ISO, DURANTE O DÍA DE MAÑÁ, DÚAS LIBRARÍAS DE BAIONA ENCARGARANSE DE REPARTIR AS NOSAS PEGADAS COMO AGASALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS AOS SEUS CLIENTES.

ESPERAMOS QUE LLES ENCANTEN E QUE NOS ESCRIBAN AO ENDEREZO ELECTRÓNICO DA ESCOLA PARA CONTARNOS QUE LLES PARECEU ESTA INICIATIVA.

ESTAMOS DESEXANDO QUE NOS CHEGEN NOVAS CANTO ANTES!!!

 

PERO.... ISTO NON FOI O ÚNICO QUE FIXEMOS XA QUE REALIZAMOS OUTRAS ACTIVIDADES.

COÑECEMOS A MARÍA VICTORIA MORENO E O SEU LIBRO O CATAVENTOS.

ELABORAMOS UN FERMOSO MURAL...

PASÁMOLO XENIAL A MAÑÁ DE HOXE VENDO E PARTICIPANDO NA REPRESENTACIÓN DE "FÁBULAS" QUE LEVOU A CABO ESTEBAN DA COMPAÑÍA TARABELOS.

ADEMAIS O VENRES REPRESENTARÁN OS NENOS E NENAS DE CINCO ANOS O CONTO "A CASA DA MOSCA CHOSCA" PARA TODOS OS SEUS COMPAÑEIROS/AS. MAÑÁ MOSTRÁMOSVOS AS FOTOS DESTA OBRA.

 

TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES DA SEMANA AQUÍ.